O certame de música sacra Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, que chega á súa 13ªedición, desenvolverase entre os días 6 e 15 de marzo en diferentes enclaves arquitectónicos galegos e grazas á colaboración da Deputación de Lugo, dous dos concertos terán lugar en enclaves de gran valor patrimonial da provincia, como a igrexa de Santa María de Régoa de Monforte e a de Santo Estevo de Ribas do Miño, no Saviñao
O 7 de marzo teremos a ocasión de escoitar a arpa de Andrew Lawrence- King nunha das xoias do románico máis importantes que temos en Galicia, a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, que é tamén un dos principais monumentos de orixe medieval da
Ribeira Sacra”. Ademais, o venres 13 de marzo, cando o trío Kosmos Ensamble tocará na igrexa de Santa María da Régoa, onde violín, viola e acordeón poñerán banda sonora a unha das pegadas románicas que temos na Ribeira Sacra”, adiantou Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte