O IV Lucus Music Festival encherá de concertos as rúas de Lugo.

Concertos cunha gran variedade de estilos entre o 18 e o 23 de agosto.

 A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a cuarta edición do Lucus Music Fest, unha nova edición da proposta organizada pola asociación Músico Crisanto e que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo que encherá de música as rúas de Lugo entre o 18 e o 23 de agosto.

O festival acollerá ao mesmo tempo masterclass de dirección e canto, achegando a Lugo a unha serie de directores de orquestra para participar en formacións da man de profesionais recoñecidos.

A concelleira de Cultura indicou que esta edición do Lucus Music Festival «propón 9 actividades abertas ao público xeral, con concertos, conferencias e ensaios abertos de distintas agrupacións musicais, que servirán tamén para mostrar o traballo realizado polas cantantes e directores asistentes ao campus»-

O campus, na categoría de dirección musical, permitirá ás participantes «desenvolver a súas competencias como directores e directoras de agrupacións musicais, mellorando as ferramentas xestuais e técnicas das participantes» e mellorando a relación orgánica entre a agrupación e a dirección. Para isto, achegarase formación en eidos como a posición corporal, o tempo, as dinámicas de traballo ou a independencia xestual.

Programación 

Luns 18/08 20:30h – Praza Anxo Fernández Gómez
Concerto introdutorio de músicas populares e tradicionais da Banda Sinfónica
Dirección: Armando Morales

Martes 19/08 20:30h – Circulo das Artes
Recital de novos talentos
Solistas:
Eduardo Díaz (Clarinete)
Claudia Rico (Saxofón)
Andrés Álvarez (Trompeta)
Xián Blanco (Danza)
Pianista:
Miguel Ángel Fernández

Mércores 20/08 20:30h – Circulo das Artes
Recital de trompa e piano
Intérpretes:
Marta Isabella Montes (Trompa)
Andrea Vilar (piano)

Xoves 21/08 12:30h – Rúa Quiroga Ballesteros
Ensaio aberto da Big Band

Xoves 21/08 20:30h – Praza Maior
Concerto da Big Band
Vocalistas:
Tabea Graser
Ana López

Venres 22/08 12:30h – praza de Santo Domingo
Ensaio aberto do Ensemble Xuvenil

Venres 22/08 20:30h – Capela de Santa María
1ª Parte: Ensemble Xuvenil
2ª Parte: Quinteto de Cordas

Sábado 23/08 20:30h – Círculo das Artes
Concerto de clausura da orquestra de cámara e saxofón solista (Xurxo Morales)
Final do IV Campus-Concurso de Dirección musical