"As Noites de Caudal Fest"

O Caudal Fest ven de anunciar o seu cartel deste 2020 coa adaptación ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir: non haberá un festival de fin de semana e sí 12 concertos en dous escenarios situados na Praza de Augas Férreas e o recinto do Auditorio Gustavo Freire, cun aforo máximo de 800 persoas

Izal, Amaral, M-Clan, Dorian, Martita de Graná, Ana Guerra, Hard GZ, Maialen, Baiuca, Ortiga, e os lucenses Holywater e David Prado tocarán do 3 ao 20 de setembro. Os prezos dos tíckets (xa á venda na páxina do festival) van dende os 14 aos 35 euros, máis gastos de xestión. Para cada actuación permitirase seleccionar asentos que serán unipersoais e intransferibles

Programación

Praza de Augas Férreas

Xoves 3 de setembro – Hard GZ

Venres 4 de setembro – Dorian

Sábado 5 de setembro – Ana Guerra

Domingo 6 de setembro – Holywater

Recinto do Auditorio Gustavo Freire

Xoves 10 de setembro – David Prado

Venres 11 de setembro – Izal

Sábado 12 de setembro – Chica Sobresalto (Maialen)

Domingo 13 de setembro – Ortiga

Recinto do Auditorio Gustavo Freire

Xoves 17 de setembro – Martita de Graná

Venres 18 de setembro – M-Clan

Sábado 19 de setembro – Amaral

Domingo 20 de setembro – Baiuca

Medidas de seguridade

As Noites de Caudal Fest contarán con estritas medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19 entre as que se atopan as seguintes: uso obrigatorio de mascarilla; entradas nominativas; circulación organizada e sinalizada en todo o recinto; carrís separados de acceso e saída; control da distancia de seguridade; tickets e control dixital (sen contacto); puntos de desinfección de mans; amplos espazos para garantir distanciamento social; asistentes para a organización do público; desinfección continua de barras, baños e zonas de traballadores e público; e acceso con 1h30m de antelación.