Sabíamos que ía pasar, que si a nosa banda favorita de tódolos tempos son os Galaxie 500, sería no concerto dos Musel onde tiñamos máis posibilidades de quebrar, de entrar en trance, de fotografiar a música e non ao grupo, a distorsión ou os acordes limpos en bucle que estaban a provocar na alma un mundo de contrastados cores e brancos e grises, de chuvia a pleno sol.

Sabíamos que ía pasar e pasou. Por primeira vez saltou a sinestesia que non padecemos e que raramente acontece, de súpeto, sempre coa cámara de fotos … e disparamos movendo a cámara, trepidando, facendo dobres exposicións dos Musel en directo e dos Musel reflexados nos cristales dos escaparates. Foron 10 minutos, pode ser, cando acontece perdemos o sentido do tempo e do espacio. Hay fotos do concerto, si…hay fotos da música dos Musel…tamén. Dalle ó play ó seu bandcamp … pecha os ollos, ¿qué ves?

Musel – bandcamp –

Clica nas fotos para as ver en maior tamaño.



Artículo: Marcos López Fotos: Marcos LoopezComparte – comparte – comparte el enlace o cita a Viva Lugo comparte comparte comparte arte