Como cada xaneiro desde hai tres anos temos unha cita coa programación (e comezo) dun dos ciclos máis innovadores musicalmente que se poden vivir en Lugo e máis alá das nosas lindes: o LIBERDADES SONORAS.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou esta primeira tanda de concertos, (tendremos máis), que abren fogo nesta cuarta edición, xunto con un dos resoponsables das promotoras WORKONSUNDAY e CLAP, Alejandro Losada.
Liberdades Sonoras comezará este xoves, 30 de xaneiro co dúo experimental Tomaga, de orixe londiniense, e que é descrito pola Radio3 da BBC como “a mellor banda do Reino Unido”.
O 22 de febreiro, a artista californiana Emily Jane White traerá o seu folk escuro ao que deu un toque persoal e maduro ao longo de máis de dúas décadas de carreira.
A primeira rolda de Liberdades Sonoras rematará o 7 de marzo coa artista disciplinar Lea Bertucci, compositora, intérprete e deseñadora de son cuxo traballo explora as relacións entre os fenómenos acústicos e as súas resonancias biolóxicas.
Tódolos concertos no Vello Cárcere con entrada gratuíta ata completar aforo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte