Agosto 2018 Organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte, a sétima edición do Festival 27373 terá lugar o sábado 11 de agosto no Club Fluvial de Begonte (que presta as súas instalacións para a súa celebración). O Festival está dividido en dúas partes, sendo a programación a seguinte:
Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias:
12:00, e ata ben entrada a tarde, haberá actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte «Non Estreses», que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra.
13:00 A Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional.
Sesión vermú co grupo de música tradicional Río Miño e presentación da cervexa oficial do festival, a 27373, unha cervexa de trigo, laranxa e coriandro, elaborada por membros da asociación en colaboración con Alberto Curiel nas instalacións de cervexas Aloumiña.
Xa pola tarde, ademais dos paseos en canoa e as demostracións de fiado, a partir das 17:00 comezará o VII Aberto de Billarda e tamén, a partir das cinco a Asociación Colorín Colorado de Vilalba terá dúas actividades dirixidas ao público máis pequeno, un obradoiro de xogos populares y un obradoiro de arxila.
19:30 en adiante: teatro e concertos
Actuación do grupo de teatro Migallas coa obra “Merenda con Pan de millo unha obra musical dirixida ao público infantil e familiar. Despois subirán ao escenario, desde a comarca de Ortegal, o grupo de música tradicional, Os Carecos, cinco pandeireteiros que van poñer o torreiro patas arriba. Cuarta Xusta desde Melide, serán as encargadas de poñer notas de rock combativo e feminino. Para rematar, Berta Franklin, desde Lugo e Begonte un dos grupos revelación da escena lucense que van dar moito que falar nos vindeiros tempos, rock, blues e soul para rematar este sétima edición .
Cartel deseñado por Marcos Vigo