Comeza este sábado, 22 de maio, o Festival de Música Cidade de Lugo – XLVIII Semana de Música do Corpus co concerto de Raquel Andueza & La Galanía. Será no Círculo das Artes ás 20:00 h.

La Galanía é una das formacións especializadas en música antigua máis importantes do panorama musical español actual. Fundada en 2010 por Raquel Andueza e Jesús Baena, a súa finalidade é interpretar música barroca en base a uns cuidados principios historicistas Os seus membros forman parte de orquestas e grupos prestixiosos a nivel mndial como Hespèrion XXI, Al Ayre Español, Orquesta Barroca de Sevilla, Private Musicke, Orchestra of the Age of the Enlightenment , L’Arpeggiata, etc. A soprano Raquel Andueza é o eixe central do grupo que dende o principio da súa traxectoria comenzou a estar presente nos máis prestixiosos auditorios e festivais do mundo. + Info: https://filarmonicadelugo.com/lagalania/

Continuará o Festival o domingo 23, ás 19:00h, no mesmo lugar, co concertó da Orquestra Gaos que xirará entorno ao Concerto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo, xunto a outras obras de Respighi e Ravel. + Info: https://filarmonicadelugo.com/orquestragaos/