Adiados no seu día pola covid-19, chegan esta fin de semana do 25 de setembro, os Reencontros Musicais Facela para «matar» o noso «mono» de música en directo con catro grupos top: McEnroe, Bifanna, Pauline en la Playa e Aaron Rux and The Crying Cowboys.
Entrevistamos e vimos a Ricardo Lezón (McEnroe) ao seu paso por Lugo e non podemos máis que recomendar o concerto desde a experiencia daquela noite incríble no Clavi: cancións sublimes, dunha beleza infinita nun directo que toca a fibra a cada nota. Será na noitiña do venres 25 a partir das 20:30 xunto ao tropicalismo e ritmos latinos dos galegos Bifannah.
A segunda xornada, mismo lugar misma hora, estará protagonizada pola dozura pop de dúas ídolos do indie do reino: as irmás Álvarez, Mar e Alicia, desde os 90 fabricando xoias pop (Undershakers, Petit Pop) veñen como Pauline en la Playa a facernos levitar canción a canción, sen titubeos, desfrutando cada segundo porque sabemos, vaia se o sabemos, que «el mundo se va a acabar» . Xunto a elas desde Spokane, Washington, EEUU, vía Madrid: Aaron Rux e a súa banda The Crying Cowboys, co seu soul, soft-rock e folk con texturas vintage dos 60’s e 70’s que recordan a artistas como J.J. Cale, The Troggs, Ramsey Lewis e The Blackbyrds.
ENTRADA GRATUÍTA a recoller na Oficina Municipal de Turismo (Pza do Campo 11 baixo – de 10:00 a 20:00 horas)
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte