O Centro de Artesanía e Deseño organizou, coa colaboración da Vicepresidecia Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo, a terceira edición de Celme de Zanfona, tres días de conferencias, clases maxistrais e concertos ao redor deste instrumento milenario, do 12 ao 14 de maio en Lugo.
Músicos e investigadores da música tradicional como Germán Díaz, Efrén López, Pablo Pascual, Suso Vaamonde, Miro Casabella, David Bellas, Iván
Abal Pulleiro, Vítor Soto ou Xosé Luis Rivas Cruz… participaron con exercicios novidosos como o concerto de creación electroacústica Novas Músicas que fundirá folclore e tecnoloxía.
Celme de zanfona deu tamén a benvida a unha nova escola de zanfona posta en marcha pola agrupación histórica “Cántigas e Frores” de Lugo, á
que se lle dedica o deseño dun modelo básico de zanfona bautizado co nome de Esencia.
O encontro, coordinado por Luciano Pérez, acolleu dúas clases maxistrais de zanfona, a cargo de Vítor Soto, e outra de canto, con Xosé Luis Rivas Cruz
ARTIGO EN VIVALUGO:
Lugo punto de encontro para músicos e investigadores da zanfona.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte