O vindeiro 4 de outubro, a partir das 18:00 h, a Praza da Mosqueira converterase nun escenario único dentro das festas do San Froilán para celebrar o 20 aniversario do Festival SFDC. 
Un encontro imprescindible coa música urbana, negra e electrónica. 
A entrada será de balde.

Dende a súa primeira edición, o SFDC contou coa participación de máis de 200 artistas de diferentes disciplinas: Grupos de música, DJ´s, Rapeiros, Grafiteiros, Breakers, Skaters, Basket 3×3, Malabaristas, Parkour, Difusión de Radio en directo, Conferencias, Ilustradores de cartazos en cada unha das edicións e moito máis. Un auténtico escaparate artístico que leva dúas décadas enchendo Lugo e Galicia de enerxía e creatividade.

Este ano trae un formato totalmente innovador, un auténtico ring de boxeo, onde se enfrontarán en tres sesións de máis de duas horas, seis recoñecidos DJs que´competirán a golpe de cancións. OZETAK vs FONKI CHEFF, KR-ON vs VILOUTA e FER MESA vs PAYBALL, todo isto acompañado das espectaculares visuais que xa son marca da casa. 

A presentación do evento correrá da man do músico e actor RAÚL BEATMAC, sen olvidar o convidado especial, o Lucense LE33, gañador de mil e unha batallas.

Un evento único, pode decirse pioneiro dentro da denominada cultura urbana en Galicia, que a día de hoxe nos acompaña con tanta forza e presencia en todos os festivais e salas de concertos do mundo enteiro. 

Non faltes: a historia da cultura urbana da cidade amurallada celébrase con forza, ritmo e moita festa!

https://www.facebook.com/Sanfroidance

ARTISTAS
OZETAK (Madrid)

Tras unha sólida traxectoria no mundo da música, DJ Ozetak, integrante do colectivo Madrileño Fourth Core, dálle vida a un proxecto único cun propósito claro: reivindicar que a arte do Turntablism segue a ter un potencial inmenso no noso país.

A súa proposta artística distínguese por unha fusión arriscada e sofisticada de xéneros como Rap, Rock, Reggae, UK Garage, Drum & Bass, Dubstep e Trip Hop, tecidos en sesións de Freestyle que conectan con públicos moi diversos dentro da escena underground mundial.

Compartiu escenario con referentes internacionais da talla de Residente, Prodigy, Pendulum, Skrillex, General Levy, Fatboy Slim, Ara Malikian e Nickodemus entre outros.

A súa enerxía brillou en festivais de renome como Viña Rock, Low Festival, Rototom Sunsplash, Outlook, Cultura Inquieta, Festimad, ademais de deixar pegada en salas e clubs de todo o país. Tamén foi parte da escena Ibicenca, actuando en discotecas icónicas, entre elas a que foi a máis importante, Privilege.

Ozetak
FONKI CHEFF (Castelló)

DJ, Turntablista e coleccionista de vinilos nacido en Benicarló (Castelló, España). Dende 1998 foi un referente da escena underground que combina xéneros como Rumba, Funk, Boogaloo, Cumbia, Reggae, Hip-Hop e Disco en sets cargados de técnica e sabor.

Membro fundador do colectivo Rocksteady Beatz, coñecido polas súas sesións con catro pratos xiradiscos, Fonki Cheff levou a súa música a Londres, Estados Unidos, América Latina, México, Xapón e o norte de África. A súa paixón polo diggin’ convertiuno nun arqueólogo musical, cazando vinilos raros e xoias de 45 rpm nas súas viaxes.

Cunha técnica depurada de scratching e unha selección que cruza fronteiras, Fonki Cheff participou en festivais como Cruïlla Festival, Vida Festival ou Amua Festival.

En plataformas dixitais destaca polo seu canal de YouTube con máis de 135k subscritores e sesións que superan os dous millóns de reproducións, ademais de contar cun catálogo de máis de 45 referencias en Bandcamp.

Fonki Cheff
KR-ON (Lugo)

Kiko López, coñecido como Kr-On, é un DJ Lucense cunha traxectoria en constante evolución dentro da música electrónica. O seu son, influenciado polo House clásico, o Deep House, o Jazz e os ritmos globais, destaca por sets envolventes que combinan texturas orgánicas e sons étnicos.

Compartiu cabina con artistas de renome e forma parte do colectivo TSCrew, sempre explorando novos horizontes creativos. Cunha visión que transcende a pista de baile, entende a música como unha linguaxe capaz de unir tradición e modernidade, traballando actualmente en proxectos que conectan o analóxico e o dixital.

KR-ON
VILOUTA (Santiago de Compostela)

Din que ninguén é profeta na súa terra, pero iso é porque non coñecen a Manolo Vilouta: un DJ que leva dende finais dos 80 amenizando os clubes nocturnos, as tardes de terraza e as sesións vermú nos máis coñecidos locais e festivales Composteláns e Galegos, independentemente da década que escollas para mirar o seu currículo musical impecable.

Ademais de non afectarlle o paso do tempo, tampouco o fan as modas: O Home Vil sempre é fiel a todo aquilo que soe a House, Funky e Disco, 100% pista de baile entregada o seu ben facer como DJ profesional.

Vilouta
PAYBALL (Lugo)

DJ Lucense con máis de 20 anos nas cabinas de Galicia, Asturias, León, Bilbao, Madrid, incluindo o salto a Europa, lugares como Praga, Ao Nang, Ahangama bailaron as súas mezclas. As súas sesións abarcan diferentes estilos: Funk, Disco, Deep, Afro e Tech, todos co apelido House music. Na súa selección musical destaca o bo gusto e os ritmos 100% bailables. Ademais cómpre salientar a súa facilidade para ler a pista e conectar co público.

PAYBALL
FER MESA (Lugo)

Fer Mesa é un DJ e Produtor Lucense con máis de 20 anos na escena electrónica internacional. Xirou por países como Australia, Brasil, México, Arxentina, Colombia, Italia ou Holanda, actuando en clubs e festivais de referencia como Elrow (Barcelona), Fabrik (Madrid), Bolgia (Italia), Lost Beach (Ecuador) ou Aquasella (Asturias).

En produción, publicou en selos como Elrow, Toolroom, Deeperfect ou Cr2, co apoio de artistas de primera talla a nivel mundial como de Marco Carola, Loco Dice ou Luciano.

Fer Mesa
RAÚL BEATMAC (Madrid)

Raúl Beatmac é actor, músico e creador escénico cunha traxectoria marcada pola improvisación e a fusión entre música e teatro. Actuou en diversas edicións do Sanfroidance, onde tamén exerceu como presentador en otras edicións.

Como fundador e director de Musical Impro, escribiu e dirixiu 26 producións de cinema, teatro e espectáculos de improvisación, presentadas en festivais de distintos continentes. Este ano regresa como Speaker na conmemoración do 20º aniversario do festival.

Raúl Beatmac

LE33 (Lugo)

Le33 coñecido anteriormente como GreenSoul é un Rapeiro e Freestyler Lucense activo dende 2016. Será o noso convidado especial nesta importante edición. Competiu en Redbull, BDM, Gold Battle e na FMS España durante dous anos seguidos. No 2023 proclamouse campión do mundo na batalla de galos en Chile. Actualmente prepara un novo proxecto musical que verá a luz o vindeiro ano.

Organizado polo Concello de Lugo Área de Cultura, Área de Cultura da Deputación de Lugo e a promotora de eventos e axencia de artistas Trasnosound.