Wöyza & The Galician Messengers parten dun repertorio tradicional no que fusionan xéneros e expresións contemporáneas como o soul, o gospel, o hip hop e a danza urbana co patrimonio musical e inmaterial galego.
Wöyza vén de ser nominada como Mellor Artista Urbana nos Premios Martín Códax da Música 2021

@woyza @highpawgz @yara_boombox @mariafaltri @davidoutumuro @xuliolorenzo y #jorgejuncal … W & The Galician Messengers estrearán no Festival Eidos de Outono, na serra do Courel, adaptacións de textos clave na memoria cultural de Galicia, afincados no territorio e o senso de pertenza a un lugar.

Ademais de «Ay Deus (Vou namorada)» do pergamino Vindel, «Unha noite na eira do trigo» ou » Meu ruliño», os Messengers suman «Campo Estrelado», estreada en xullo en Galicia Futura (Cidade da Cultura) e «Cain as follas”.

Esta última é a adaptación de Wöyza do poema de Uxio Novoneyra versionado por Emilio Cao; son versos dunha delicadeza máxima, os ritmos da terra, un proceso temporal no que participamos longamente, como a natureza se filtra en nós, atravesándonos.

A singular interpretación propia da artista urbana en fusión cos distintos estilos que dan forma a esta agrupación conseguen crear unha atmósfera única que actualiza a tradición, emociona e inspira.

The Galician Messengers son Wöyza, voz; Xulio Lorenzo, Gaita, frauta, pandeireta; High Paw,
baixo e coros; Jorge Juncal, teclados; María Faltri, pandeireta, percusión e coros; David Outomuro, batería; Yara Boombox, bailarina e coreógrafa.

W & The Galician Messengers – instagram – 

En O Courel Eidos de Outono Fest con Rodrigo Cuevas + Uxía «O» + Califato ¾ + Woyza & The Galician Messengers + Sila Lua+ @BABYKATZE dj set

ENTRADAS FESTIVAL EIDOS DE OUTONO -Ataquilla-