O vindeiro 30 de maio, o Campus de Especialización Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela organiza na Praza Maior de Lugo, a 5ª edición da Feira de Primavera de Emprendedoras, que este ano leva por título “Artesanía e Innovación no Rural”.
Aberta de 10:30 a 18:30 horas, e de balde para toda a cidadanía, contará con 25 stands de mulleres artesáns da provincia de Lugo.
Tras o éxito das edicións anteriores —centradas na economía verde e circular, a innovación no rural e os sabores con raíz—, a feira de 2026 pon o foco na artesanía como motor de innovación e identificación cultural, integrando as dimensións de I+D+i, igualdade de oportunidades e valorización das producións locais.
Celebraranse dúas mesas redondas:
Por outra banda, a feira contará cunha demostración artesanal impartida pola empresa Fusaiola onde as persoas asistentes aprenderán a tecer e a empregar as técnicas básicas do gorullo mediante o emprego de teares de sobremesa de peite ríxido.
Ademais, a partires das 13:45 está previsto un espazo de degustación con food truck e música e ambientación.
A 5ª Feira de Primavera de Emprendedoras está organizada polo Campus Terra da USC en colaboración co Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Creativas Galegas, Artesanía de Galicia e a Asociación de Artesáns de Lugo, e financiada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e por Caixa Rural.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es