Adra Pallón Premio Zampa de Fotoperiodismo 2022.
O seu proxecto «Demotanasia» gana aos outros nove proxectos finalistas de reporteiros e reporteiras gráficas de recoñecido prestixio internacional: Santi Donaire, Brais Lorenzo, Núria López Torres, Gabo Caruso, Raúl Moreno, Ruido Photo, Diego Herrera, José Colón e Daniel Loewe Pujol-Xicoy.
O xurado do Premio de Fotoperiodismo Héctor Zampaglione, promovido pola Asociación Fotográfica do Masnou, co obxectivo de apoiar, recoñecer e divulgar o fotoperiodismo e a fotografía documental, vén de conceder o gran e único premio deste certame ao proxecto «Demotanasia», sobre o abandono da terceira idade no ámbito rural galego, do fotógrafo lucense Adra Pallón.
Tras unha xornada de presentación de proxectos e deliberacións, este sábado de novembro de 2022, Adra Pallón pasa, unha vez máis, á historia da fotografía lucense, galega e universal ao ser premiado neste certame internacional poucos días despois de ganar o Premio Nacional de Fotoperiodismo INJUVE 2022.
Parabéns desde esta redacción a «un dos nosos«, como ben dice no seu twitter o fotógrafo lucense Eladio SB


DEMOTANAISA – ADRA PALLÓN
A demotanasia é o proceso polo que debido a accións políticas ou omisión das mesmas provócase a desaparición da poboación dun territorio. A morte por despoboamento é lenta e silenciosa. Desapiadada co territorio, a natureza e o patrimonio. A situación non é menos dramática para as persoas que habitan ou, máis ben, resisten nas contornas rurais. Esas que viven na máis absoluta soidade nunha silenciosa, silenciada e mal chamada España baleira. En realidade, aínda non o está.

Europa é o continente máis envellecido do mundo. Unha das rexións máis afectadas polo envellecemento segundo Eurostat é Galicia. Existe unha elevada porcentaxe de persoas maiores con falta de autonomía residencial ou con certo grao de dependencia que se resisten a abandonar as terras nas que levan vivindo toda unha vida. Viven soas onde os coidados e a asistencia brillan pola súa ausencia. Contextos sociais extremadamente preocupantes ante a insuficiencia de recursos por parte da administración e a pasividade, chea de violencia implícita, dos actores políticos involucrados.

Gran parte da poboación envellecida vese abandonada nestas zonas con falta de coidados e unhas coberturas sociosanitarias moi limitadas. Son territorios tradicionalmente minifundistas debido á sinuosa orografía que fai que a produción intensiva resulte imposible. O actual mercado voraz de macro produción e sobreproducción, a falta de calidade nas telecomunicacións e conexións provoca que a pirámide demográfica da maioría dos territorios teña forma investida. Existen núcleos poboacionais nos que a pirámide nin sequera presenta unha base debido á baixa natalidade e ao masivo éxodo rural.

O despoboamento do rural é unha dá as causas dos numerosos problemas ambientais como o aumento na voracidade dos incendios forestais ou o incremento da erosión do terreo. Se non hai cambios radicais respecto diso: o falecemento dos últimos habitantes rurais traerá consigo a morte dun modelo social e entón si será a España baleira.

Ver máis fotografías de «Demotanaisa» na web oficial dos Premios Zampa
ADRA PALLÓN
Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.
Web oficial Facebook Instagram
+ de Adra Pallón en Viva Lugo:
Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo
Adra Pallón finalista no «Andrei Stenin International Press Photo»






