Obradoiros de investigación en saúde global e desenvolvemento sostible iTERRA Night 2026 o venres 25 de setembro de 18:00 a 22:00 horas no soto da Praza de Abastos de Lugo.

De balde. Para todas as idades.

Un laboratorio na túa man

Poderedes aprender a estrutura do ADN e facer un modelo de ADN moi especial! Ademais aprenderemos como se fan as análises de ADN e os avances para levar un laboratorio completo a dispositivos miniaturizados ou lab-on-chip para ter análises máis rápidas e en calquera lugar.
Duración: 50 – 60 minutos
Todas as idades

O que agochan as células

Nesta actividade descubriremos todo o que agochan as nosas células! Exploraremos a estrutura e función das células e estudo de tecidos con microscopio, ademais da análise do ADN e a súa función. Realizaranse prácticas como a extracción de ADN, o frotis sanguíneo e a observación de tecidos ao microscopio. O obxectivo é dar a coñecer as nosas estruturas vitais máis pequenas!
Duración: 20 – 25 minutos
Maiores de 6 anos

Unha historia escrita nas árbores

Os aneis de crecemento das árbores son unha das principais fontes de información sobre o clima pasado. Unha oportunidade de ver e manipular madeiras de diferentes épocas, especies e lugares. Tamén observaremos mostras de madeira no microscopio, e coñeceremos métodos de análise do crecemento en función da madeira. Compararemos os aneis dunhas árbores con outras, e veremos como datalos, e usalos para datar diferentes obxectos e construcións de madeira de épocas pasadas.
Duración: 20 – 25 minutos
Todas as idades

Dío con luz: comunicación con fibra óptica

Como funciona a fibra que nos trae a internet a casa? Como se transmite a información a través desa fibra óptica? Utilizando un código de cores e unha fibra óptica enviaredes información en forma de pulsos de luz.

Duración: 25 minutos
8 a 16 anos

Doctor, what is happening to my cattle!

Realización de probas rutinarias diagnósticas de campo en gando vacún, tales como o test de California para o diagnóstico de mamite, test de tira de ouriños, e a realización da inseminación artificial nun modelo de vaca. Contabilización de neutrófilos vistos a microscopio dunha mostra citolóxica de endometrio bovino.
Duración: 15 minutos
10 a 14 anos

Microminerais en xogo

Descubre o papel dos microminerais na nosa alimentación a través dun xogo interactivo e participativo. Serás quen de relacionar diferentes alimentos con elementos como o ferro, o cinc, o selenio ou o iodo? Ao longo da actividade aprenderás onde podemos atopalos, que funcións cumpren no noso organismo e por que, aínda que os necesitamos en pequenas cantidades, son esenciais para manter unha boa saúde.
Duración: 15 minutos
Todas as idades

Ciencia á Feira

O proxecto Ciencia á Feira, impulsado por XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC, foi seleccionado pola FECYT na convocatoria de axudas ao fomento da cultura científica. A súa cuarta edición combina accións presenciais e dixitais inspiradas na tradición das feiras, co obxectivo de achegar o coñecemento científico e tecnolóxico á poboación rural e periférica galega. Nesta ocasión abórdaranse diferentes temáticas como o alzhéimer, a soberanía alimentaria e os incendios forestais.
Todas as idades

Detectives da fibra

Neste obradoiro, descubriremos que é a fibra, cales son as súas funcións e qué tipos existen. Logo, aprenderemos en qué alimentos se agocha ordeándoos de maior e menor contido de fibra, salientando cales deses alimentos nos axudarán a manter unha microbiota saudable, contribuíndo á nosa saúde intestinal e global.

Duración: 15 minutos
Todas as idades

A saúde da Terra comeza no solo 

Explicaranse distintos exemplos de impactos que sofren os solos e como estes responden ós mesmos. Veranse exemplos práctico como o solo actúa como filtro retendo Cu e outro de como os incendios forestais favorecen a erosión post-incendio e que medidas se poden aplicar para diminuíla. Tamén se verán varios tipos de solos con cores diferentes, así como as capas que o forman e estimarase a textura do mesmo. Por último buscarase a vida microscópica que habita nos solos que son clave para a saúde dos mesmos. 
Duración: 30 minutos
Todas as idades