Xoves 12, 19:00 h: Cinefórum especial de entroido. Proxectaranse as curtametraxes documentais ‘Os merdeiros. A recuperaçom’ e ‘O Moredo. A resistencia do entroido ribeirao’.
- Mércores 18, 20:30 h: Presentación do libro ‘Kapokadas. De Australia a Europa a dedo’: Un percorrido de 40.000 km en primeira persoa que expón as fracturas do mundo, o colonialismo e o turismo moderno.
Xoves 19, 19:00 h: Café filosófico. Actividade mensual. Esta vez versará sobre arte e política.
Sábado 21, 12:00 h: Xornada sobre ‘Destrución e resistencia: o territorio en disputa’ enmarcada na campaña ‘Unha ollada anarquista do país’ organizada polo Seminario de Estudos Libertarios de Galiza.
- Xoves 26, 19:00 h: Cinefórum temática polo 50 aniversario da República Árabe Saharauí Democrática. Proxectaranse fragmentos de contexto histórico e o documental íntegro ‘Gdeim Izik. Crónica de la resistencia saharaui’. Contarase coa presenza da comunidade saharauí en Galiza.
Venres 27, 21:30 h: Cea vegana.
Sábado 28, 12:00 h: I Xornada de Vivenda e Convivencia Alternativa. Exploraranse distintos modelos habitacionais.
Obradoiros
Galego para inmigrantes
Conversa en catalán
- Parapono teatro
En movemento
- Costura básica
Rúa Catasol, 17 baixo (Lugo)
@hedreira
https://ahedreira.noblogs.org






