Fotografías – Homenaxe a Enrique Alvarellos

Coincidindo cos 20 anos do falacemento do ilustre lucense, familia, amizades e a concellería de Cultura honraron a súa figura o sábado 25/12 ás 12.00 na Mosqueira, a carón de onde tivo a academia e a editora desde 1963 ata o ano 2000.

O acto comezou cunha canción interpretada polo Coro do Hospital, seguido dunha intervención da concelleira Maite Ferreiro, despois falou Cecilia Alvarellos en nome da familia, Enrique Alvarellos leu poemas do seu pai,  o Coro do Hospital intepretou un fragmento da Cantata á Lanzada  composta por Enrique Alvarellos e o clarinetista Gerard Vázquez interpretou Unha noite na eira do trigo de Xoán Monte.

Como remate, colocouse unha praca conmemorativa na súa honra con ofrenda floral.

Información sobre Enrique Alvarellos Iglesias