Fotografías – San Froilán 2024 na mirada de Iván Mouronte

Viva o San Froilán 2024 – A mirada de artistas lucenses sobre as festas.

Este San Froilán 2024 contamos con: Iago Eireos Carlos Maira Teijeiro Iván Mouronte Esther López Alvarez Bego Pérez Alejandro Real Sara Temes e o Loopez para mostrar coa súa mirada fotográfica as festas.

Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses. Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.

VIVA O SAN FROILÁN 2024 - FOTOGRAFÍAS DE IVÁN MOURONTE

En breve máis fotografías de Iván na web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/
Iván Mouronte
Ilustrador, animador e fotógrafo.
 

Ilustrador con alma de animador e amante da fotografía de música en vivo.

A formación como deseñador gráfico tamén axuda. 

Realiza ilustracións para prensa, cartelaría, portadas musicais, camisolas, videoxogos, deseño de personaxes, etc. 

Colabora habitualente con VivaLugo e El Notario del siglo XXI.  

Animación (2D e Stop Motion) e Motion Graphics: videos explicativos (Linknovate, Hola Portal), vídeos para galas deportivas (Premios Líder, Presentación do equipo do Ensino), proxeccións para Pangea de Abraham Cupeiro, curtametraxes (Polo Sen Cabeza, Sopa de Tartaruga), teaser do filme SKHID de Fernando Cortizo… 

Banda deseñada: «Compostela, camiño de pedra» con guión de Carlos Blanco e Paco Abelleira (2015, Turismo de Santiago de Compostela), proxectos persoais curtos como «Grum!» e «Materia de colorenchos».

facebook.com/i.mouronte.b
instagram.com/i.mouronte.b
vimeo.com/imouronte

San Froilán 2024 «A mirada de» – ver mirada
San Froilán 2023 ilustrado – ver mirada
San Froilán 2023 «A mirada de» – ver galería
San Froilán 2022 «A mirada de» – ver ilustración en 360º
San Froilán 2021 «A mirada de» – 
ver galería