Esencial: tan importante que é absolutamente necesario, que non pode faltar. Fonte: Dicionario da Real Academia Galega
O Lugo Cultural é unha programación xestionada pola USC no campus de Lugo co financiamento da USC, Vicepresidencia Deputación Lugo e Cultura e Turismo do Concello de Lugo
Ten como finalidade a de coordinar a actividade cultural en Lugo e apoiar, deste xeito, a implantación universitaria coa promoción e organización na cidade de actividades culturais.
Grazas á «Primavera cultural» e o «Outono Cultural», Lugo gozou de propostas como os concertos de música clásica do ciclo «Músicas a carón da Mosqueira», a experimentación sonora do ciclo «Sons Creativos» ou do certame «Paisaxes sonoras», os directos de Lontreira, Bala ou Caamaño & Ameixeiras, entre outros.
Ademais de propostas de artes escénicas, como o 30 (30!) Festival de Teatro Universitario ou o 23 (a nada da edición 25!) do Encontro de danza da USC, audiovisuais, con ciclos do Cine Club Valle Inclán, o 30 (30!) Maratón Fotográfico, o Findecurta ou o certame de Videocreación, e outras accións que non fan máis que confirmar, un ano máis, coma unha programación esencial na axenda cultural lucense.
Facebook – @AreadeculturaUSC
Vicepresidencia Deputación de Lugo – Instagram
Vicepresidencia Deputación de Lugo – Facebook
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo xestiona as áreas de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüistica; de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica; e de Medio Rural, Mar e Mocidade:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte