Os concertos promovidos pola asociación cultural lucense polo Día Internacional dos Museos foron:
O sábado 18 de Maio, 12:45, no Centro Arqueolóxico de San Roque os fonsagradinos CLO PLAS.
O mesmo sábado 18 de Maio, 18:30, na Sala de Exposicións Porta Miña a portuguesa MALVA.
Contaron coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
A poeta Xiana Arias (letra e voz) e o explorador de sons Berio Molina (música, percusión e voz), son CLO PLAS e confirmaron que son unha das propostas máis radicais e excitantes da creación interdisciplinar galega. Un concerto a non perder pola súa xenialidade, humor e a turbacion lírica, rap minimalista con retrousos de vocación popeira de baixa fidelidade.
Carolina Viana, MALVA, navegou pola música popular brasileira, oortuguesa e até mesmo polo Jazz, nun concerto intimista, unha cálida burbulla entre ela e o público imposible de estourar.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte