NOV 2017 A Gala da Moda que se celebrará o vindeiro 30 de novembro, a partir das 21:00 horas, no Círculo das Artes de Lugo é de carácter solidario. Organizada pola Asociación de Creadores de Moda Lucenses, coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo esta edición estará dedicada á figura da muller na arte, coincidindo co homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas.
Na Gala da Moda, A Muller na Arte participan: Montse Arias, Sara Lage, Tina Corton, Manuela López e Epifanía Brand. Ademais, participarán varios artesáns e 16 modelos.
O aforo será de 500 persoas e as entradas terán un prezo de 15 euros. Todos os fondos recadados irán destinados á Escola Shantidi (asociación que traballa en prol da igualdade para mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas e das mulleres que viven nos lugares menos desenvolvidos da India)
Os puntos de venda das entradas e horarios:
- Montse Arias: na rúa San Froilán, nº44. O horario é de luns a sábados de 11:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas.
- Tina Cortón: Praza de Santo Domingo, galerías Villamor. O horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas; sábados de 9:30 a 13:30 horas.
- Manuela López: Galerías da Praza do Campo Castelo. O horario é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas; sábados de 10:00 a 13:30 horas.
O evento non sería posible sen a colaboración que prestan de xeito totalmente gratuíto e desinteresado varios colaboradores: Mikangels Model; Enigma Eventos; Ávalon Peluqueros; Mercedes Benz Ditram Automoción; Estrella Galicia; e Arenal.