A Hedreira – Programación Novembro 2024
Centro social autoxestionado en Lugo. Rúa Catasol, 17 baixo.
Aberto os xoves e venres de 19:00 – 21:00
Programación novembro 2024 # [Todas as actividades abertas e de balde]
Xoves 7 20:00 horas
Vivir o Colapso: experiencia inmersiva. Organiza Filmersións. Inscrición previa filmersión@filmersion.com
Ano 2050. As radios e os walkies son o único sistema de comunicación que existe neste futuro distópico no que xa vai un ano do colapso. O público de toda a vida convertirase por primeira vez en participantes dunha historia, sendo eles: os supervivintes. Vivirán unha experiencia inmersiva onde o local da hedreira durante as 2h que durará a experiencia, estará habitada por unha celadora que os acollerá e os fará vivir situacións memorables.. Todo isto é posible grazas a filosofía da filmersión que levamos desenrolando en Lugo dende antes da pandemia: 2019.
Sábado 9 21:30 horas
Cea Vegana. Inscrición previa no correo da hedreira
Sábado 16 19:00 horas
Anarquismo e organización. Apuntes para o territorio galego. Organiza: Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG)
Presentación de “Anarquismo e Organización”, publicación que recolle as poñencias e algúns debates producidos durante a edición de 2024 do Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG). Rematarase cun recital poético.
Xoves 21 20:00 horas
Proxeción «Outgrow the System». Organiza: Grupo de Decrecemento de Lugo.
Documental sobre a transición a un sistema económico sostible.
Xoves 28 20:00 horas
Cineforum: «Cubillo: historia de un crimen de Estado»,
Documental sobre a historia do movemento independentista canario e debate posterior sobre a situación actual da vivenda nas Canarias.
– OBRADOIROS –
Cultivo de cogumelos (comeza o 18 de novembro), capoeira, gancho e calceta, k- pop, galego para inmigrantes, árabe sirio-palestino, Impro teatral e Jam contact.