A libraría Lectocosmos trasládase a Campo Castelo

Logo de algo máis de sete anos dende a súa apertura, a libraría Lectocosmos trasládase este mes de xuño á praza de Campo Castelo, número 19, a tan só 100 metros da súa ubicación actual. 

O cambio terá lugar a finais desta semana e a libraría pasará a ocupar o local que antes ocupaba a coñecida tenda de deportes Marathon.

Actualmente estanse a rematar os traballos de reforma e adecuación do establecemento. 

Neste novo espazo, Lectocosmos disporá de maior superficie e, polo tanto, máis amplitude, así como de mellor accesibilidade, motivo de peso na decisión de mudanza. 

O espazo manterá a liña estética do local actual, con grandes ventás, moita luminosidade e todos os elementos que contribúen a xerar un ambiente agradable para gozo de todos os lucenses e visitantes.

Manterase tamén o horario de apertura: de luns a venres, de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30h; os sábados, de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:30h; e os sábados de xullo e agosto, de 10:00 a 14:30h.