Foto: DivúlgaT 2024 en O Vello Cárcere. Foto de Marcos Loopez para Viva Lugo

A Asociación de Investigadores AgroMar lanza a décima edición do DivúlgaT, un foro que se desenvolvera no Vello Cárcere lucense os días 22 e 30 de outubro, a partir das 19.30 horas, para dar visibilidade social ao traballo desenvolvido polo persoal investigador do Campus de Lugo, e potenciar o galego como lingua de comunicación e de divulgación científica. 

A iniciativa está aberta a calquera persoa con actividade investigadora no Campus de Lugo que queira presentar nun prazo máximo de 10 minutos algún aspecto do seu traballo de investigación persoal, as liñas de traballo do seu grupo, ou algún aspecto da súa área de coñecemento que considere que ten interese e utilidade para o público en xeral. 

As inscricións estarán abertas ata o 1 de outubro a través dun formulario en liña

Igual ca en anos anteriores, inscribirse dá dereito a asistir gratuitamente a un obradoiro de divulgación científica, impartido por Andrea Muras, finalista da edición 2019 do concurso FameLab España e autora do libro La guerra contra las superbacterias.