O curso de primavera deste ano é un espazo para compartir e andar ‘A voltas coa tradición’, partindo da idea de acompañar a iniciativa de homenaxear ás cantareiras e pandeireteiras, sumando diferentes perspectivas e relatos sobre como se tratou, que se está a facer e que outros camiños se nos abren arredor da tradición e a súa xestión.
Todas as actividades son de balde. Para ir á actividade ‘Polavila pola Terra” non fai falta inscribirse, para o resto de actividades hai que inscribirse, ata o 22 de abril, a través deste formulario (máis información en 982821513 / cultura.lugo@usc.es).
Esta actividade está incluída na programación da Primavera Cultural e artéllase segundo o convenio Lugo Cultural que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte