Poesía e música o martes 30 de novembro de 2021 para celebrar o 21 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou as actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
As actividades comezarán ás 17:00, o coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes actuará na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros.
A partir das 19:00, sairá da porta de Santiago un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contará coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.
Todas as actividades estarán abertas á participación de todas as veciñas e veciños que desexen pasear ese día pola Muralla “e celebrar un ano máis a proclamación como Patrimonio da Humanidade do noso monumento máis importante” Maite Ferreiro.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte