A Casa da Xuventude acollerá as seguintes actividades de ocio para festexar o Entroido dirixidas á rapazada de entre 14 e 35 anos.
Cociñando con Sabor a Entroido, os martes 11 e 18 de febreiro, terá lugar un taller gastronómico no que se elaborarán receitas de doces e postres típicos destas datas. Hai dez prazas dispoñibles e o custo da inscrición é de 1’64€.
A continuación, os días 20 e 21 celebrarase un obradoiro de tatuaxes de henna e de calcamonías imprimibles, e o 22 e 24 de febreiro outro de maquillaxe de Entroido.
“Poderán apuntarse 20 persoas en cada un deles e o prazo para anotarse permanecerá aberto até o día anterior ao seu inicio. Ademais, ámbolos dous son de carácter gratuíto e se realizarán en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas”, explicou a edil Ana González Abelleira, ao tempo que convidou á mocidade lucense a participar e desfrutar da programación organizada pola área de Xuventude.
As incricións deberán formalizarse na Casa da Xuventude, na rúa Xesús Bal e Gay, onde tamén se pode atopar toda a información ao respecto.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte