O VELLO CÁRCERE – INSCRICIÓN GRATUÍTA: 982 297 195
Obradoiros «Co gallo do Samaín». A actividade terá lugar entre as 17:30 e as 18:30 e estará dividida en dous grupos de idade, de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos. Cada un dos grupos poderá acoller a 10 nenas e nenos.
Promove: Área Cultura, Turismo e Promoción da Lingua Concello de Lugo
CASA DA XUVENTUDE – INSCRICIÓNS gratuítas en www.xuventudelugo.gal
18:00 Show Cooking de Samaín. Postres terrorificos. Imparte: Álvaro Villasante.
Promove: Área de Xuventude Concello de Lugo
O VELLO CÁRCERE – INSCRICIÓN GRATUÍTA: 982 297 195
«Contacontos Miúdos: Violeta quere ser vampiro», que contará con dous pases, de 11:30 a 12:30 e de 18:00 a 19:00. No pase da mañá a actividade estará orientada a nenas e nenos de 3 a 5 anos, e pola tarde, para nenas e nenos de 6 a 8. Cada un dos contacontos poderá acoller a 10 participantes.
Promove: Área Cultura, Turismo e Promoción da Lingua Concello de Lugo
17:30 a 21:30 Samaín na rúa (actividade aberta): Concurso tallado de cabazas, baleirado e descorado das mesmas. Xogos de Samaín. Chocolate con churros para participantes na Rúa Quiroga Ballesteros (En caso de choiva será no Mercado Municipal). Conxuro purificador e desfile de ánimas polo adarve da muralla
Promove: Área de Xuventude Concello de Lugo
DOMINGO 31/10
O VELLO CÁRCERE – INSCRICIÓN GRATUÍTA: 982 297 195
Obradoiros «Xeitosos do Samaín», de 11:30 a 13:00, orientados a nenas e nenos de 3 a 8 anos, e cunha cabida de 10 persoas.
MUSEO MIHL – INSCRICIÓN GRATUÍTA 982 29 74 46
Obradoiros «Samaín no MIHL» para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Cabida máixima de 12 nenas e nenos
RÚAS DO CENTRO
Actividades de animación nas rúas do casco histórico a partir das 20 horas.
Promove: Área Cultura, Turismo e Promoción da Lingua Concello de Lugo
CENTRAD – rúa Chantada S/N – INSCRICIÓN GRATUÍTA info.centrad@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 21 00 66.
𝐂𝐨𝐧𝐭𝐚𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬: Unha escolma de contos e lendas de defuntos da nosa terra, da man de María de Pontragha e Ángeles Goás.Primeira sesión: 17 a 18h. Segunda sesión: 18 a 19h.
MUSEO MIHL – INSCRICIÓN GRATUÍTA 982 29 74 46
Obradoiros «Samaín no MIHL» para nenas e nenos de 4 a 7 anos. Cabida máixima de 12 nenas e nenos
Promove: Área Cultura, Turismo e Promoción da Lingua Concello de Lugo
𝐑𝐞𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢ó𝐧: Recreación dun posto de rosarios de zonchos da man de Celso Fernández Sanmartín e Mercedes Buján. Praza de San Marcos. De 11:30 a 13h
Promove: área de cultura Vicepresidencia Deputación de Lugo
Os días 29 e 30 de outubro (venres e sábado) medio centenar de establecementos repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza.
Na praza do Campo Castelo, grazas á colaboración de Ajuar Decoración, estará instalado un fondo para facerse fotografías no escaparate deste comercio.
Listaxe de establecementos na web www.lugomonumental.es un plano de situación dos establecementos participantes.
Os horarios serán os de cada establecemento.
¿Os nenos teñen que estar disfrazados?
Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.
¿É necesaria inscrición?
Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces.
Xoves 28 de outubro: de 18.00 a 21.00 h.
Venres 29 de outubro: de 16.00 a 21.00
Sábado 30 de outubro: de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00
Domingo 31 de outubro : de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00
*Grupos de 6 persoas.
*Duración da actividade 1 h.
INSCRICIÓNS en www.xuventudelugo.gal
Promove: Área de Xuventude Concello de Lugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte