Actividades en Lugo polo #25N
As actividades polo 25N Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, organizadas por distintas entidades de Lugo son:
 
Mércores 25
 
19:00 Badaladas por Mulleres, na Praza de San Marcos. Performance musical coordinada por Branca Villares. Coa colaboración da Tradescola e do Colectivo Glovo. Promove: área de Cultura da Deputación de Lugo. Inscrición previa gratuíta en cultura@deputacionlugo.gal
 
19:30 Comeza o Festival Cinema Mulleres nos Codex Cinema. Promove: Concello de Lugo.
 
20:00 Concentración 25N diante do Concello. Promove: Plataforma Femenista.

Todo o día na Praza de Abastos e Mercado Municipal: o persoal da área de Participación entregará unha máscara a todas as persoas que visiten as instalacións. Promove: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto a Participación e Servizos para a Veciñanza
No Cemiterio Municipal: instalarase unha coroa de flores “como lembranza de todas as mulleres loitaron contra a violencia machista ao longo da historia e tamén como recordo a todas as vítimas de feminicidios”, explicou Cristina López – responsábel de Participación e Servizos para a Veciñanza- que presentou as actividades xunto coas vendedoras e vendedores da Praza de Abastos e do Mercado Municipal. Promove: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto a Participación e Servizos para a Veciñanza
 
 
Xoves 26
 
Auditorio Municipal Gustavo Freire: 20:30 Inversa Teatro representará «Sofía e as Postsocráticas», Sócrates, Aristóteles e Platón interpretados por mulleres na busca dun novo Logos para poder facer o cálculo do que é o non é violencia machista. Entradas: entradaslugo.es Promove: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto a Participación e Servizos para a Veciñanza
 
Venres 27
 
O Vello Cárcere: 20:30 concerto didáctico «Reflexións sobre a pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña de Lugo», con Branca Villares. Entrada libre até completar a cabida Promove: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto a Participación e Servizos para a Veciñanza
 
Domingo 29
 
 18:00 Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo- Proxección de «Nación» no salón de Actos do Pazo de San Marcos. Visionado do filme e coloquio coa directora Margarita Ledo Andión. Promove: área de Cultura da Deputación de Lugo. Inscrición previa gratuíta en cultura@deputacionlugo.gal
 
Luns 30
 
O Vello Cárcere: 20:30 performance musical «Badaladas pra mulleres», levada a cabo por alumnado de escolas de canto tradicional. Entrada libre até completar a cabida Promove: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto a Participación e Servizos para a Veciñanza