“Organizamos unha serie de actividades culturais que mostrarán a presenza do galego nas distintas artes e na rúa todos os días do ano” manifestou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, na presentación das actividades que o Goberno Municipal organiza de cara ao día das Letras Galegas 2022
AGASALLO DUN LIBRO EN GALEGO
O propio 17 de maio, a área de Cultura agasallará un libro en galego a todas as persoas que se acheguen á praza Maior. A actividade terá lugar entre as 12 e as 13:30 horas, e as persoas que o desexen levarán un libro procedente do fondo bibliográfico municipal. “Quixemos repetir esta actividade que é un éxito cada vez que a organizamos, e que nos permite achegar as obras do fondo bibliográfico municipal a todas as veciñas e veciños”, afirmou Maite Ferreiro.
CONCERTO
O Cemiterio Municipal acollerá un concerto da agrupación Claustromusical e unha lectura poética de textos o 17 de maio a partir das 13:00.
ACTIVIDADES EN O VELLO CÁRCERE
As actividades do día das letras comezan o sábado 14, cos con contactontos no Vello Cárcere ás 11:30 e ás 18:00. Ademáis, o Vello Cárcere organizará obradoiros infantís entre o 16 e o 22 de marzo, ademais das actividades Pequeviñetistas; A historia de Florencio Delgado Gurriarán, orientada para nenas e nenos de 6 a 12 anos, o luns 16 ás 18h. Co gallo do día das Letras Galegas, para nenas e nenos de 3 a 8 anos, o martes 17 ás 17.30h, e Co gallo do día dos museos, o mércores 18 ás 17.30h, para nenas e nenos de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos.
Ademáis, as orquestas CMUS Xoán Montes darán un concerto no Vello Cárcere o 18 de maio a partir das 19h.
CÁNTIGAS NA RÚA
A asociación Cántigas e Frores celebrará o día das letras con actuacións na rúa polo recinto histórico, os días 15 e 19 ás 12:00.
FEIRA DO LIBRO
Ademais, Lugo acollerá a Feira do Libro entre o 17 e o 22 de maio.
CONCERTO HOMENAXE
As corais de Lugo organizarán unha homenaxe a Florencio Delgado Gurrriarán o propio 17 de maio, a partir das 18h, no quiosco da Praza Maior. Contará coa presenza da Coral Xolda Polifónica, Solo Voces, Schola Gregoriana Lucensis, Cantar Delas, Orfeón Xoán Montes Conjunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral do Hospital de Lugo, Coral Ecos do Miño Astelu e Orfeón Lucense.