Baile moderno e reggaeton, hip hop, introdución á calistenia e tamén ao skate son algunhas das propostas coas que área de Xuventude pretende activar á mocidade lucense no que resta de verán.

Durante todo o mes de agosto a rapazada de entre 12 e 30 anos poderá desfrutar de estas modalidades deportivas así como de moitas outras accións novidosas organizadas pola área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo para dinamizar o seu ocio dunha forma divertida pero tamén saudable.

Queremos que a xuventude lucense se divirta, que aproveite as vacacións, que viva experiencias novas e que converta o seu tempo de lecer nun pasatempo emocionante. ¿E como? Pois movéndose, practicando deporte, activando corpo e mente. ¿Onde? Na súa cidade. Nas prazas, nas novas instalacións municipais e tamén no elemento vertebrador que ten Lugo: o río”, avanzou o concelleiro Mauricio Repetto na presentación de Xuventude Activa

edil convidou a todas as familias a consultar a programación ao completo na páxina www.xuventudelugo.gal e tamén a apuntarse na mesma enviando un email á dirección formulario.xuventudelugo.gal ou poñéndose en contaco coa Casa da Xuventude. Todas as actividades son gratuítas.