“IMPERIVM“, da deseñadora lucense Alba Platas Vigo será, a imaxe do Arde Lucus 2020. para este MMXX.
O xurado profesional (o vicedirector da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro Rodríguez, a deseñadora gráfica Paula Francos Anllo e o fotógrafo Julio Diego Leira Sanmartín) se decantou polo traballo que tamén resultou vencedor na votación popular ao obter, a través das redes sociais oficiais dos festexos, 671 votos do público.
Segundo sinalou a concelleira Ana Abelleira “o tribunal valorou especialmente que o traballo gañador se axustaba ás bases do certame nas que se pedía reflectir o espírito da celebración, facendo especial fincapé na reconstrución histórica e na volta da cidade á época da súa fundación”.
“IMPERIVM”, premiado con 1.300 euros, anunciará a XIX edición da festa convocada para o 25, 26, 27 e 28 de xuño. O resto de carteis terán difusión polas redes sociais.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte