Arde Lucus 2024 – Programa
Máis de 300 actos e varias novidades que potenciarán a recreación histórica e a implicación da xente nova
Entre as novidades destacan os Xogos Píticos, unhas olimpíadas na honra do deus Apolo; espectáculos de lume e de animación na rúa e A Palestra, coa participación de clubs deportivos.

A zona peonil da Ronda da Muralla, á altura da Mosqueira, serviu como punto de encontro para a presentación do programa do Arde Lvcvs 2024. A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, definiu este programa de 2024 como “excepcional, á altura das altas expectativas desta festa, con moitas actividades para todos os públicos e novas propostas coas que innovar e sorprender”.

O concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, foi o encargado de concretar o programa de actos, prestando especial atención ás novidades deste ano. Así, entre outras, chamou a atención da denominada “A Palestra”, coa participación duns 200 nenos e nenas de clubs deportivos da cidade, “que fixeron un gran traballo de investigación e recreación histórica, para adaptar os deportes actuais ás disciplinas deportivas da época, e que se desenvolverá na recentemente renovada praza do Ferrol”.

A alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos; por integrantes das asociacións de recreación histórica que participan na festa, e por representantes de empresas lucenses, colaboradoras e patrocinadoras do Arde Lvcvs

Destacou a celebración dos “Xogos Píticos, unha recreación histórica dos xogos olímpicos na honra do deus Apolo, e que levarán as carreiras de cuadrigas e cabalos e as batallas de gladiadores con armas propias da época, ata a explanada do pavillón dos deportes”. 

Estas olimpíadas deportivas se realizarán na zona próxima na que se desenvolve o circo romano (toda a información ao respecto do circo estará dispoñible a partir do día 3 na páxina web entradaslugo.es, para poder mercalas desde o día 6 de xuño.)

Tamén máis actos no Miúdo Arte, enfocado a nenos e nenas e a segunda edición de Cantando o Arde Lvcvs, coa participación de varios centros de ensino.

Jorge Bustos chamou a atención sobre outros cambios que introduce o programa deste ano, como a recuperación dos postos de comida e restauración, que volven a formar parte da festa, como fixeron nas edicións anteriores á pandemia; novos espectáculos de lume; e a potenciación de máis actividades de animación na rúa.

A continuación o programa do Arde Lucus (en castellano). Poder ver o programa en galego no seguinte link. 

PROGRAMA DO ARDE LUCUS 2024