As emprendedoras rurais mostran os seus proxectos en Lugo.
A Feira de Primavera de Emprendedoras terá lugar o sábado 31 de maio na Praza da Mosqueira, entre as 10:00 horas da mañá e as 19:00 horas, e contará con numerosas casetas expositivas e actividades para todas as ideades.
A entrada é libre e gratuíta, e está dirixida tanto a profesionais como ao público xeral.

Produtoras de alimentos, elaboradoras de queixos, marmeladas, viños, cervexas artesás, cociñeiras, restauradoras e outras profesionais do sector agroalimentario terán o 31 de maio, na Praza da Mosqueira, un espazo para mostrar o seu traballo.
PROGRAMA
Logo do acto inaugural que terá lugar ás 10.30 horas, desenvolveranse unha serie de mesas redondas que abordarán cuestións tan diversas como a ausencia das mulleres na alta cociña; pan, saúde e innovación dende o rural; ou iniciativas empresariais innovadoras do sector agroalimentario.
Ás 14.00 horas, poderase gozar dunha sesión vermú-gastro con foodtracks e amenizada polo DJ KRon.
Os stands poderán visitarse entre as 10.00 e as 19.00 horas e de 11.45 a 12.45 haberá oco para o showcooking.
A listaxe de casetas intégrana: Galletas Sacrapastas, Rural O Urbano, Embutidos Valentina, Tataraboas, As Coruxas, Embutidos Suarna, Caurelor, Mermeladas a Morena, Tres Fuciños, Ribeiregas, Champivil, A Horta de Sancoveiga, O Espíritu da Colmea, Lugo Sweets, Queixería Bisqato, Panadería Seivane e Mel das Fadas.
Estes proxectos non só xeran emprego e riqueza, senón que contribúen de forma decisiva a frear o despoboamento e a manter vivo o tecido económico e cultural das comarcas rurais
Este encontro impulsado dende o Campus Terra e a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemeno da USC (AVTE), en colaboración con Woman Emprende e da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional da Xunta de Galicia, nace coa vontade de dar visibilidade ao papel das mulleres emprendedoras que, dende o medio rural, están a crear proxectos sólidos, innovadores e con profundas raíces no territorio.
Esta Feira conta tamén coa colaboración do Concello de Lugo e da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur).