As Tanxugueiras, Sabela e Olalla Maneiro e Aida Tarrío, visitaron a rúa Menorca onde se vén de instalar a palabra Tanxugueiras, escollida como palabra do ano 2021.
A escolla da palabra do ano comezou no ano 2014, a través do Portal das Palabras posto en marcha pola Real Academia Galega e a fundación Barrié. A iniciativa pretende que a veciñanza galega escolla cada decembro unha palabra en galego que defina o ano que remata, difundindo o léxico galego.
As palabras do ano escollidas até o de agora foron corrupción, refuxiados, irmandade, afouteza, deseucaliptización, sentidiño, nós e Tanxugueiras.
Rubén Arroxo afirmou que «con esta iniciativa queremos seguir coa mellora da imaxe da cidade ao mesmo tempo que poñemos en valor un símbolo tan importante como a lingua galega». “Continuamos esta intervención artística que puxo en valor un símbolo tan importante como a lingua galega, e converteu á rúa Mallorca nun atractivo turístico máis de Lugo” dixo Rubén Arroxo que engaidiu «o futuro da nosa lingua está vivo e as palabras de cada ano pasan a formar parte do idioma xa que sintetizan parte da realidade de cada época».
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte