Axudas a asociacións culturais de Lugo

02/07/2021 A Vicepresidencia da Deputación de Lugo convoca axudas a asociacións culturais por un importe total de 230.000 euros. A vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que “con esta convocatoria renovamos o noso compromiso coas asociacións distribuídas polas parroquias, concellos e comarcas, que facilitan o acceso á actividade cultural en todo o territorio e xeneran un dinamismo moi necesario para o sostemento do tecido ecónomico vinculado a creación e á produción cultural”.

Dúas liñas: 

Liña para a realización de actividades culturais

Liña para investimentos en equipamentos e instalacións

Liña para a realización de actividades culturais

Esta liña está dirixida a promover a realización de actividades culturais por parte das asociacións. As achegas céntranse en financiar gastos derivados de iniciativas de dinamización cultural en todas as súas vertendes e de posta en valor do patrimonio material e inmaterial.

O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento duunha actividade que incida no uso da lingua galega, que promocione os valores culturais e tradicionais dos distintos puntos do territorio e se adecúe á demanda e interese de toda a poboación.

As asociacións poden xustificar gastos diversos, desde os derivados da contratación de persoal ata os relacionados co desenvolvemento de actuacións culturais ou de promoción e difusión das actividades. 

Liña para investimentos en equipamentos e instalacións

Esta liña diríxise a financiar investimentos para a mellora, o acondicionamento e a reforma de instalacións de uso cultural, ben sexan de titularidade das asociacións ben dispoñan delas, por alugueiro ou cesión. Tamén a adquirir equipamento, mobiliario e materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da súa programación de actividades, incluída a compra de libros en galego.

Criterios

As axudas oscilan entre os 300 e os 3.000 euros en función dos criterios e baremos que se establecen na base da convocatoria.

Maite Ferreiro explicou que en ambos casos son procedementos de concorrencia competitiva, nos que as subvencions se outorgan atendendo a
criteros e baremos establecidos nas bases”, que se publicarán ao longo da vindeira semana no Boletin Oficial da Provincia.

Segundo destacou, entre eses criterios figuran os relacionados co ámbito territorial no que a asociación desenvolve a actividade ou a súa
consolidación como entidade cultural. “Primanse as iniciativas de asociacions de concellos de menos de 2.000 habitantes e tamén as de
aquelas que levan máis tempo dinamizando culturalmente as parroquias e os concellos. É unha forma de recoñecer un traballo fundamental para o
acceso á cultura en todo o territorio”.

As subvencións concederanse para actuacións que se desenvolvan ao longo de 2021.

Eventos en Lugo