Chegada dos poetas na edición do 2019. Fonte: facebook da Fundación.

A Fundación Uxío Novoneyra abre a II convocatoria de residencias poéticas itinerantes no Camiño de Santiago «Ameto Mítico», proxecto que forma parte da programación «O teu Xacobeo» impulsada pola Xunta de Galicia.

O proxecto de residencias «Ameto Mítico» ten como obxectivo actualizar o legado da poesía trobadoresca galego-portuguesa caracterizada polo influxo da lírica provenzal e doutras influencias que coma a poesía sufí chegaron a terras de Galicia polos camiños de peregrinación xacobea.

Tomando como inspiración as rutas descritas no libro Arrodeos de Desvíos do Camiño de Santiago, último poemario de Uxío Novoneyra —quen foi tamén recoñecido actualizador da poesía trobadoresca— propoñen oito (8) residencias de escrita e peregrinación poética pola ruta xacobea en territorio galego.

As residencias desenvolveránse do 16 ao 30 de setembro de 2021 co seguinte calendario:

16/09/2021 – Chegada das/os poetas ao aeroporto de Lavacolla/estación de tren de Santiago de Compostela e traslado ao lugar do Cebreiro.

17/09/2021 – 21/09/2021: Peregrinación polo Camiño Francés entre o Cebreiro e Santiago de Compostela.

22/09/2021 – 29/09/2021: Lecturas e obradoiros de poesía en 6 centros de ensino de municipios do Camiño Francés e na Fundación Uxío Novoneyra.

30/09/2021: Retorno desde Santiago de Compostela.
A FUN farase cargo dos gastos da hospitalidade: transporte, aloxamento e manutención das/os poetas durante o período das residencias.

As/os poetas interesadas/os en participar deberán enviar ao correo electrónico ametomitico@uxionovoneyra.com antes do 15 de xullo:

Carta de interese.
Currículo actualizado.
Correo electrónico.
Fotocopia do documento de identidade/pasaporte.
Unha mostra mínima da súa poesía publicada (100 versos).
Unha comisión formada por 3 patronas/os e/ou colaboradores/as da Fundación Uxío Novoneyra fallará no mes de xullo os nomes das/os elexidas/os.

A lista de poetas seleccionados publicarase nas redes sociais da Fundación e na páxina web. A Fundación poráse en contacto cos/as elixidos para comunicarlle a súa participación nas II residencias «Ámeto Mítico» no Camiño de Santiago.

Eventos en Lugo