Maio 2018
A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases das axudas de 300.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, habilitarase un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural.
Cultura
As bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia contemplan axudas para a realización de actividades culturais no 2018. Concretamente para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras.
Baremos sociais
Primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural.
Balance 2017
Na pasada edición o Goberno da Deputación achegou 280.000 euros, para dinamizar as actividades na provincia, concretamente destináronse a 56 Concellos, beneficiando a un total de 278 asociacións culturais, nun total de 539 actividades como por exemplo festivais, poesía, teatro, magosto, viaxes culturais, edicións de libros ou clases de música tradicional, entre outras.