Carmen Basadre deu a coñecer esta nova actividade que acollerá O Vello Cárcere de Lugo. Celebrarase do 16 ao 21 de abril, nas celas de mulleres, en xornada de mañá e de tarde
O Concello convoca 16 prazas neste mercado, para as seguintes disciplinas: pintura/ilustración, fotografía e/ou vídeo creativo, escultura, artesanía; deseño de moda, deseño de xoias, complementos e diversos
Está promovida por Gema López Estudio de Arte e o Concello
mercado-cultural-primavera

Abril 2019 O Mercado Cultural de Primavera se celebrará nas datas de Semana Santa, concretamente do 16 ao 21 de abril, nas celas de mulleres do centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo co obxectivo de apoiar á industrial cultural da cidade, ao tempo que se ofrece un espazo gratuíto para promover o talento creativo e achegar a arte, a artesanía e o deseño á veciñanza luguesa.

Son 16 prazas (dúas por categoría) as que se convocan para participar neste mercado, para as seguintes disciplinas: pintura, debuxo ou ilustración; fotografía e/ou vídeo creativo; escultura, artesanía, deseño de moda, deseño de xoias e complementos; e un concepto de diversos para propostas que non se encadren nas anteriores categorías.

Para poder participar é necesario que as persoas interesadas remitan un portfolio dixital da súa proposta artística, que inclúa un mínimo de 5 arquivos de imaxe, audio ou vídeo, xunto cunha copia do DNI e datos persoais ao enderezo electrónico vellocarcere@concellodelugo.org. A data límite para enviar a documentación será o vindeiro luns, 8 de abril.

Cada persoa participante poderá presentarse nunha única categoría. As e os artistas seleccionados deberán cumprir o horario durante a totalidade dos días establecidos e a non deixar o seu posto desatendido.

O Mercado Cultural de Primavera, que xurdiu do Encontro de Xóvenes Creadores e Creadores celebrado a finais do pasado ano neste espazo, poderase visitar de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas, e ata as 22:30 horas os días 18, 19 e 20 de abril.

Está promovido por Gema López Estudio de Arte e o Concello