VERANEARTE é a proposta do Departamento de Didáctica do MIHL de campamentos para nenas e nenos durante o veran do 2021.

Verán 2021 en Lugo e chega unha nova edición dos exitosos campamentos de verán do MIHL (prazas esgotadas todas as semanas na derradeira edición).

DURACIÓN: do 5 de xullo ao 3 de setembro (9 semanas)

PARTICIPANTES: nenas e nenos de entre 4 e 12 anos
GRUPOS: Grupo A nenos e nenas de 4 a 7 anos (6 participanes)
Grupo B nenos e nenas de 8 a 12 anos (6 participantes)

ESTADÍA: unha semana, de luns a venres

HORARIO: das 10:30 ás 13:30 horas

TEMPORALIZACIÓN

Durante a semana cada día terá as súas actividades artísticas diferentes e variadas, e o seu tempo de xogo e esparcimento.

As tres horas de duración diaria estarán divididas en:

Teoría que será impartida fundamentalmente na sala de grupos ou en forma de visita polo interior e exterior do museo
Xogo, será un tempo para desconectar, xogar aproveitando as áreas verdes do museo (sempre que o tempo o permita) e tomar un tentempé.
Práctica, será o momento de desenrolar as actividades artísticas

DESCRIPCIÓN

Pintura: traballemos de xeito práctico diferentes estilos e épocas tales como a arte rupestre, coñecendo algúns dos xacementos máis famosos, e tratando de reproducir elementos artísicos propios deste contexto prehistórico. Cubismo, tratando de que entendan o paso que supuxo para a arte esta nova forma de representar a realidade. Movementos como o Dadaísmo, o impresionismo ou o arte urbano co graffiti como exponente…etc. Para entender todos estes conceptos explicarémolos con imaxes e ejemplos, e despóis terán que facer a súa propia interpretación plástica.

Escultura: Coñeceremos ao escultor Calder e os seus móviles e esculturas cinéticas adentrarémonos, e traballaremos na súa obra.

Arqueoloxía: utilizan os areeiros que temos, os participantes sumerxeránse nun mundo de descubrementos nos que eles serán os protagonistas, excavando, extraendo pezas para posteriormente estudalas e sacar conclusións. Viaxarán ao pasado a través de moedas antigas, vaixelas, restos humanos, mosaicos…etc.

Arquitectura: sen dúbida un dos maiores atractivos do noso museo é a súa arquitectura, e este ano queremos que as nenas e nenos que asistan aos obradoiros saiban un pouquiño más de tan senlleiro edificio, para despois das explicación proceder a facer unha maqueta do mesmo. Dentro desta temática da arquitectura ofréceranse outras temáticas como a realización dunha maqueta urbana, ou dunha casa.

Alfarería: Lucus Augusti foi un importante centro alfareiro, polo que esta actividade terá tamén o seu espazo nos nosos obradorios. Coñeceremos pezas emblemáticas do noso pasado romano, como a máscara teatral que conservamos aquí no MIHL, e trataremos de reproducilas.

TEMÁTICAS DIARIAS

LUNS: Prehistoria-xogo- Alfarería: Comezaremos coñecendo a pintura rupestre e remataremos facendo unha réplica en arxila modelable da máscara teatral que amosamos no museo. A máscara levarana para a casa.

MARTES: Arqueoloxía-xogo-Fai o teu xogo romano. O día principiará con unha excavación nos areeiros, para rematar facendo o noso propio xogo que será o xogo do muiño (antigo xogo romano similar o tres en raia). O xogo levarano para a casa

MERCORES: Playmóbil. A carón da exposición temporal dos playmobil e utilizando as pezas cedidas pola organización da exposición, despois de facer unha visita guiada a expo faremos un pequeno diorama ca temática que eles elixan. O diorama levarano para a casa (non os playmobil)

XOVES : Escultura-xogo-pintura contemporánea: comezaremos facendo unha escultura en móvil “Calder” e finalizaremos explorando o cubismo e outros movementos de vangarda. Levarán o calder e a pintura para a casa.

VENRES: Arquitectura: Finalizaremos a semana facendo unha maqueta do MIHL, despois de coñecer o museo en profundidade. Levarán a maqueta final para a casa.

Eventos en Lugo