Ciencia para todos nas rúas de Lugo durante a G-Night 2024.
Venres 27 de setembro de 2024.
Na rúa Quiroga Ballesteros e no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. De balde.
Obradoiros no Mercado Municipal

Lugo 18.00 a 22.00 h – Presencial –  Público familiar

Prazas: consultar cada obradoiro

LUGAR | Mercado Municipal
ORGANIZA | Xuvenciencia e Agromar (Universidade de Santiago de Compostela)

> Robótica e Intelixencia Artificial

A robótica ven sendo unha ferramenta habitual na automatización de procesos industriais que involucren tarefas repetitivas ou perigosas.  Nos últimos anos, a introducción da Intelixencia artificial e a visión artificial no control dos robots e automatismos permite unha maior flexibilidade e adaptación destes sistemas a contornas cambiantes. Ven a ver como funciona un robot controlado mediante unha Intelixencia artificial especializada na visión artificial e recoñecemento de persoas.

Todas as idades | duración aproximada: 30 min

> Ciencia á FeirA

O proxecto do grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC foi seleccionado pola FECYT na convocatoria de axudas ao fomento da cultura científica. As actividades aproveitarán os mercados tradicionais para abordar contidos como os montes veciñais en mán común, que facer se nos atopamos unha velutina e xunt@s frente á resistencia aos antimicrobianos. Organizaranse obradoiros para escolares e adultos en Castro de Rei, Castroverde, A Fonsagrada, Foz, Nadela (Lugo), Melide, Palas de Rei e Triacastela.

Todas as idades

> Areeiro de realidade aumentada

Seguindo un modelo desenvolto na Universidade de Davis móstrase un simulador de mapas topográficos en 3D interactivo que se actualiza en tempo real cando o manipula o usuario. Tamén se pode simular a escorrentía de augas cando se “fai chover” sobre o terreo.

Todas as idades | duración aproximada: 15 min.

> Hardware de baixo custo e código aberto para control medioambiental

Uso e programación de microcontroladores de baixo custe (Arduino, ESP32,…) para medir variables ambientais (temperatura e humidade relativa do aire, temperatura do solo, humidade do solo, pH da auga,….), rexistralas e transmitilas a través da rede.

Maiores de 16 anos | 30 min

> A microsimulación para a xestión da mobilidade nas cidades

Para estudar o comportamento do tráfico de vehículos e das persoas nos entornos urbanos estanse a empregar cada vez máis os modelos de microsimulación por computador. Os resultados destas simulacións permiten tomar decisións sobre os ciclos semafóricos, a ubicación dos pasos peonís ou elixir a alternativa máis efectiva na xestión da mobilidade de vehículos e peóns en contornos complexos.

Maiores de 14 anos | 20 min

> Impresión 3D

É raro o día no que non apareza unha noticia relacionada co modelado e impresión 3D e as súas aplicacións, e é que, cada día os ámbitos nos que se poden utilizar van en aumento. Atopámonos con usos na enxeñería, arquitectura, automoción…, e mesmo en campos tan diferentes como a moda e a veterinaria ou a medicina! Achégate e verás como funciona unha impresora 3D

Todas as idades

> Un bosque nun chiscar de ollos

A actividade consistirá na exposición de diferentes especies vexetais cultivadas in vitro, seguido dunha demostración da técnica de propagación in vitro e microenxerto. Resolveremos cuestións como: Por que clonamos as árbores? Cantas árbores se poden producir nun ano utilizando o cultivo in vitro? Como seleccionamos os individuos a clonar?

Todas as idades | 30 min

> Quen ten máis proteína?

As proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular, e ao mantemento dos ósos en condicións normais, o que as posiciona como un macronutriente imprescindible na alimentación. Neste obradoiro determinarase o contido de proteína de diferentes tipos de leite e de bebidas vexetais para ver cal nos aporta unha maior cantidade de proteína.

Maiores de 12 anos | 15 min

Obradoiros na Praza de Abastos

Prazas: consultar cada obradoiro.

LUGAR | Praza de Abastos
ORGANIZA | Xuvenciencia e Agromar (Universidade de Santiago de Compostela)

Xogando a aprender

Presentarémoslles ás pequenas asistentes unha serie de retos que deberán resolver de maneira colaborativa. Trátase de experimentar con algúns recursos e dinámicas que empregamos na Facultade de Formación do Profesorado nos ámbitos da didáctica das ciencias, da expresión corporal e da matemática. Ven descubrir o que es quen de facer!

Idade recomendada: 6-12 anos | 50-60 min

> Doutor, que lle ocorre á miña vaca?

O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia das patoloxías no gando vacún, mediante a realización de distintas probas de diagnóstico dispoñibles nas granxas, a interpretación dos seus resultados e a aviación das súas consecuencias.

Maiores de 10 anos | 50-60 min

> Como afectan os terremotos ás estruturas?

Nas zonas nas que hai posibilidade de que suceda un terremoto hai que tomar precaucións no deseño das estruturas de enxeñaría civil ou dos edificios. Empregando unha mesa vibratoria unidimensional controlada mediante arduino e coa axuda de acelerómetros, ensaiaremos diferentes maquetas de estruturas para entender os factores fundamentais que afectan á frecuencia natural coa que vibran e identificaremos fenómenos como a resonancia.

Maiores de 16 anos

> A química do día a día

Trátase dun obradoiro interactivo de divulgación con diferentes experimentos químicos presentados de maneira sinxela co fin de incrementar a interese dos rapaces e rapazas na ciencia.

Duración aproximada 20-25 min

> Os inimigos microscópicos

O obradoiro consistirá na visualización e identificación de bacterias a través do microscopio. Teremos moito que descubrir! Dende a súa orixe, como medran e incluso se os antibióticos que coñecemos poden combatilos

Duración aproximada 20-30 min

> Comer pan con sentidiño

Neste obradoiro coñeceremos como é o pan, probaremos diferentes tipos e aprenderemos a elixir o pan máis saudable.

Idade recomendada 8-18 anos

> Fotosíntese artificial

Demostración da produción de hidróxeno a partir de enerxía solar utilizando unha cela de combustible e uso posterior do hidróxeno xerado para a propulsión dun vehículo.

Idade recomendada: 8-18 anos | 30 min

> Dío con luz: comunicación con fibra óptica

Como funciona a fibra que nos trae a internet á casa? Como se transmite a información a través desa fibra óptica? Utilizando un código de cores e unha fibra óptica enviaredes información en forma de pulsos de luz.

Idade recomendada 8-16 anos | 20-30 min

> O que agochan as células

Exploraremos a estrutura e función das células e estudo de tecidos con microscopio, e ademais da análise do ADN e a súa función. Realizaranse prácticas como a extracción de ADN e a observación de tecidos. O obxectivo é dar a coñecer as nosas estruturas vitais máis pequenas!

Duración aproximada 20-25 min

> E para medir árbores, mellor cinta métrica ou escáner?

Para coñecer o estado e a evolución dos bosques é imprescindible ter información de primeira man das árbores que os compoñen: que especies os conforman, que tamaño teñen, como se distribúen dentro do bosque, etc. Se queres coñecer como as novas tecnoloxías baseadas en escáneres láser nos axudan a obter esta información, este é o teu obradoiro!

Idade recomendada: maiores de 12 anos | 30 min

> Unha historia escrita nas árbores

Veremos como os aneis das árbores son unha “caixa negra” que rexistra os sucesos que teñen lugar ao longo da súa vida. Aprenderemos a extraer mostras de madeira e a preparalas para ler os aneis, recoñecelos e medilos. Teremos a oportunidade de ver e manipular madeiras de diferentes épocas, especies e lugares. Tamén veremos como crecen as árbores durante o ano, e como se pode estudar a formación da madeira. Compararemos os aneis dunhas árbores con outras, e veremos como podemos datalos, e usalos para datar diferentes obxectos e construcións de madeira de épocas pasadas.  Finalmente, mostraremos a importancia dos aneis para o estudo do cambio climático, xa que os aneis nos contan como foi o clima no pasado.

Duración aproximada 20-25 min

> As carrachas, presuntas culpables

Neste obradoiro traballaremos coas carrachas, eses pequenos animais que a miúdo atopamos alimentándose dos nosos cans, ou incluso, se temos mala sorte, de nos mesmos.  A través deste obradoiro os participantes coñecerán as carrachas que se atopan en Galicia, como identificalas e que enfermidades poden transmitir. Finalmente daranse unhas pautas para que os participantes poidan saber como evitar as súas picaduras e polo tanto a transmisión de patóxenos.

Maiores de 14 anos |10-15  min

> Un laboratorio na palma da túa man

Poderedes aprender a estrutura do ADN e poderedes facer un modelo de ADN moi especial! Non é unha forma deliciosa de aprender algo novo?. Ademais aprenderemos como é que as análises de ADN son feitas, e os avanzos para levar un  laboratorio completo a dispositivos miniaturizados ou lab-on-chip (LOC) para ter análises máis rápidas e en calquera lugar.

Duración aproximada: 50-60 min

> Espiando ao inimigo: parasitos ao microscopio

Gústache toda canta bicherúa viviente existe? Achégate a ver a mellor colección de parasitos de Lugo e parte do estranxeiro. Temos de todo: vermes intestinais, tenias xigantes e a especialidade da casa, os artrópodos. Descobre como se ven piollos, pulgas e carrachas ao microscopio. Advertencia: é posible que che empece a picar todo!