Concertos do San Froilán 2024 – Triángulo de Amor Bizarro
Xoves 10 de outubro ás 23h na Praza Santa María.
A concelleira de Cultura anunciou un novo concerto do San Froilán 2024, co grupo galego Triángulo de Amor Bizarro, que este ano celebra a súa xira de 20º aniversario.
Triángulo de Amor Bizarro únese a Fillas de Cassandra (4 de outubro, 22:00, Horta do Seminario), La Perra Blanco (4 de outubro, 23:00, Santa María) e Club del Río (7 de outubro, 21:00, Santa María) como primeiras confirmacións do cartel da gran festa do outono galego para este ano.
Xa no seu debut foran nº2 na revista especializada Mondosonoro e nº9 na Rockdelux. No 2010 realizan unha xira por México e no 2011 gañan o premio IMAS á mellor banda española en México.
O seu álbum «Año Santo» é nominado a 9 categorías nos premios da música independiente (UFI), gañando 4 delas (incluíndo Álbum do ano e Mellor directo).
Seguen a xirar nos seguintes anos por México e EEUU coa publicación de “ Salve Discordia” no 2016 co que gañan o Premio Ruido (concedido por la Asociación de Periodistas Musicales de España ao mellor disco do ano). E obteñen 4 premios nos premios da música independente do 2016; Mellor artista, Álbum do ano, Álbum de Rock e Produción Musical.
No 2020 co seu quinto LP volven obter o Premio Ruído da Asociación de Periodistas Musicales de España.
Seguen publicando álbumes ata o día de hoxe e xirando por medio mundo e formando parte do cartel dos máis importantes festivais de Europa.
Neste 2024 e para festexar o seu aniversario aterran en Lugo dentro da súa xira 20 aniversario que ten unha particularidade xa que a propia banda anunciou que con motivo do seu vixésimo aniversario o repertorio de cada concerto «variará segundo o azar».
Ao inicio de cada actuación serán a sorte e o público quen decida qué dous álbumes tocarán íntegramente de entre os seis que compoñen a súa discografía oficial, convertidos en cartas do tarot.