– A temática do encontro xirará en torno á necesidade de facer dos museos novos espazos educativos e ofrecer propostas que solucionen os problemas dos migrantes
– O congreso terá lugar do 14 ao 18 de decembro. A inscrición pode realizarse no teléfono 982 24 21 12 ou escribindo a info@museolugo.org. Hai 70 prazas ofertadas
– Durante as 4 xornadas desenvolveranse relatorios, encontros, exposicións, presentacións e mesas redondas sobre migración desde diferentes perspectivas

Decembro 2018 Aberto o prazo de inscrición para o Congreso Internacional Musapalabra. Museos Mediadores. Oficio de palabrerxs en libertad, que converterá ao Museo Provincial no epicentro da Museoloxía Social a nivel internacional. A inscrición pode realizarse no teléfono 982 24 21 12 ou escribindo a info@museolugo.org. Hai 70 prazas ofertadas.

A temática do congreso xirará en torno á necesidade de facer dos museos un espazo educativo, a través do cal se poden xerar novas plataformas de socialización e construción de coñecemento dentro da estrutura institucional. Falarase de novos modelos de traballo en rede, coa colaboración entre profesionais de distintos ámbitos. Desde esta nova perspectiva para os museos, tamén se buscarán propostas que podan resolver os problemas da xente migrante.

O evento enmárcase dentro do proxecto Culturas en diálogo, que gañou o Premio Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017. A iniciativa pretendeu construír colaboracións entre a Rede Museística Provincial e museos e asociacións de inmigrantes americanas e europeas. A celebración deste congreso é o broche de ouro que pon fin a este proxecto, iniciado en 2000, e é o punto de partida para a XX Conferencia Internacional de MINOM (Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía), que se celebrará en Lugo durante o primeiro trimestre de 2019, e durante o cal os museos da provincia se converterán nun lugar de encontro para profesionais de prestixio de museos de todo o mundo.

Programa

Durante as xornadas, desenvolveranse numerosos relatorios, encontros, exposicións, presentacións e mesas redondas sobre migración desde diferentes perspectivas.

Venres 14

16:00h.-Entrega de material do congreso presencial e virtual.
16:30h.-Acto de inauguración.
17:00h.- Terceiro Sector e migración. Mesa redonda con representantes de asociacións.
18:00h.- Museo e migración. Culturas en diálogo.
Relatorio: Encarna Lago, Xerente Rede Museística Provincial e Coordinadora Xeral; e Isidro López Aparicio, Comisario Xeral do Proxecto Palabrerxs, membro do Instituto da Paz da Universidad de Granada, artista, comisario, profesor e activista.
18:30h.- Educación e migración.
Relatorio: Orientación educativa – ACCEM-Lugo.
19:00h.-Ibermuseos. Memoria, Arte, Migración e Universidade.
Relatorio: Ana Rodríguez, artista; e Vanesa Vázquez, autora do proxecto de prácticas na Rede Museística Provincial, titorizado por Encarna Lago, Paz é nome de muller.
19:30h.-Memoria Proxecto Ibermuseos. Intervención Socio-educativa.
Programa +E+I+(Re)I: máis Empoderamiento, máis Igualdade, máis (Re)Inserción. Obradoiro para o empoderamento/Obradoiro de escritura.
Interveñen: Voluntariado da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo, integrado por: Concepción Sanfiz Fernández, escritora, profesora de Língua e Literatura; Paula Fraga Arias, avogada, Licenciada en Dereito Económico, e Víctor Fraga Gayoso, Psicólogo.

Proxeccións
Ata o 27 de xaneiro de 2019. Proxeccións das conferencias internacionais no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar. Tamén serán facilitados os enlaces aos participantes presenciais e participantes on line, para o seu visionado.

O visionado será sometido a unha proba de aproveitamento, que terá lugar o 27 de xaneiro 2019, coincidindo co Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, proba que será acreditada con diploma avaliado polo parteneriado de Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017.

Sábado 15


17:00h.- Presentación Proxecto Culturas en diálogo: Lugo-Cuba.
Coa presenza do Cónsul de Cuba en Galicia, Ángel Torres Jaime, e da Asociación de inmigrantes e retornados Rioplantenses.
17:30h.- Relatorio: Isidro Cillero, presidente da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, Recuperando a memoria da emigración a Cuba.
18:00h.- Relatorio: Ana María Bereciartúa Gasparini, Asociación de inmigrantes e retornados Rioplantenses, Viaxe de América á Rede Museística.
18:30h.- Presentación Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, a cargo de Vicente Peña Saavedra, profesor de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en representación do Consello da Cultura Galega.
20:00h.- Inauguración das exposicións:
– Memoria Musapalabra. Oficio de palabreirxs (Museo Provincial de Lugo)
– Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia. Esta mostra, que se poderá visitar nos catros museos da Rede, promóvea o Consello da Cultura Galega a través do Arquivo da Emigración Galega.
20:30h.- Concerto: Camiño aberto / 25 anos de Música, a cargo de Juan Carlos Cambas.

Domingo 16

18:00h.- Inauguración da exposición ‘Culturas en Diálogo Lugo-Arxentina-Uruguai’, na Escola Habaneira, Santaballa (Vilalba).

Luns 17

09:00h.- Relatorio: Carola Casal, Museóloga-Conservadora e Xestora, “Indo e vindo”
09: 45h.- Interculturalismo, Multiculturalismo, Transculturalismo.
Relatorio: Enrique Alcorta, responsable do departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo co relatorio “Camiños na historia”.
10,30h.- Ralatorio: Silvia Fiallega, Auxiliar de Sala da Rede Museística Provincial de Lugo, DEA en Historia Contemporánea e Historia de América, “Galiza: emigración, memoria e identidade. Imaxinario e estereotipos da diáspora galega a America”
11:15h.- Debate
11:30h.-Pausa café
12:00h.- Relatorio: Lucía Oca, Doutora en Antropoloxía Aplicada, responsable do proxecto BogAvante de empoderamento do colectivo caboverdiano, autora da tesis “Caboverdianas en Burela (1978/2008), “Migración, relación de género e intervención social: Educación, xénero e migración. O caso de Burela.
16:00h.- Interculturalismo, Multiculturalismo, Transculturalismo.
Relatorio: Amal Ait Mohanet (Marrocos): “Ela ten a palabra”.
17:00h.- Relatorio: Evelin Ruíz Crego, Estudiante de fotografía artística na EASD Ramón Falcón: Ni de aquí, ni de allá. Micro historias de ida y vuelta (Stop Motion).
18:00h.- Relatorio: Pablo Mosquera, presidente Asociación Aventados, Da cultura á subcultura ou da historia ao mito.
18.30h.-Relatorio: Daniel M. Vázquez Vila, historiador documentalista, O imaxinario e percepción das remesas culturais da emigración.
19:00h.- Presentación da publicación ‘Aletheia: dar forma al dolor’, volumes I e II. Madrid, Fundamentos, a cargo de Marián López Fernández Cao. Integra o Parteneriado do Premio Ibermuseos Oficio de Palabrerx, é Profesora da Universidade Complutense de Madrid, Directora do Grupo de Investigación,I. Pi + D Aletheia e do Grupo 941035 Aplicaciones da Arte na Integración Social.

Martes 18

09:00h.- Relatorio: Mª Rosario Fernández González, Responsable do Departamento de Etnografía e Artes Decorativas do Museo Provincial de Lugo, 14 km.
09:30h.- Relatorio: Fátima Teixeiro Vázquez, responsable do Servizo de Participación e Integración Universitaria USC-Campus de Lugo, Apuntes sobre diversidade cultural: o que a experiencia dun programa de voluntariado nos ten aprendido.
09:30h.- Presentación da memoria dos obradoiros de mediación.
Cristina Alonso (COGAMI), Ana Pérez, Elvira Cerdeira Profesoras do Colexio Público de As Gándaras, Mónica Álvarez, COGAMI, ACADAR e Encarna Lago (RMPL).
11:00h.-Afectos entretecidos, obradoiro práctico con colectivos, colexios, RMP, USC e Elisa Verdín, estudante de Erasmus da USC.
16:00h.-Presentación da memoria de intervencións artísticas Premio Ibermuseos Conversacións: Isidro López Aparicio, Comisario Xeral do Proxecto Palabrerxs, membro do Instituto da Paz da Universidad de Granada, artista, comisario, profesor e activista.
16.15h.- Relatorio: Pablo M. Coca Jiménez, profesor da Universidade de Valladolid, Cultura visual e diversidade na formación docente.
17:00 horas-18:30 horas.-Relatorios:
– Mónica Alonso, artista. Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo.
– Mery Pais, artista trans (cender) (mitir) (formar), Luz Darriba Santas Migrantas.
18:30-19:00 horas.- Pausa café.
19:00h.- Presentación do catálogo do Proxecto Premio Ibermuseos Conversacións: ‘EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE’, comisariados por Encarna Lago e Antonio Reigosa.
19:30h.-Clausura do congreso e entrega de diplomas con acreditación de horas de asistencia.