Convocado o 22º certame de pintura Cidade de Lugo. O 22º certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo celebrarase durante o vindeiro domingo 10 de xullo.

O domingo 10 de xullo en Lugo: 22ª edición do certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo.

Poderán participar todas as artistas maiores de 18 anos que o desexen, presentando unha única obra, que non se poderá asinar ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado.

«O estilo e a técnica serán libres e a súa temática xirará sobre a cidade de Lugo en toda a súa extensión», afirmou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural.

As inscricións realizaranse o día do certame, no momento de selado do soporte, entre as 09:00 e as 11:00 horas nas oficinas da área de Cultura para ser selado.

As obras presentaranse entre as 16:00 e as 17:00 horas na Praza Maior, onde se coñecerá o ditame do xurado ás 18:00 horas.

A partir dese momento, e ata as 20:00, farase unha exposición con todas as obras.

Ao remate, as autoras e autores non premiadas poderán facerse cargo das súas obras.

PREMIOS

Un primeiro premio dotado con 1.600 euros, un segundo con 1.100 e un terceiro, con 900.

A maiores entregaranse 5 accésits de 300 euros e un premio especial ao artista local, nacido ou residente en Lugo, de 450 euros.

Ademais todas as persoas galardoadas recibirán un diploma acreditativo.

BASES – pdf – 

Promove: Cultura, Turismo en Promoción da Lingua Concello de Lugo