Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, indicou que “durante a duración do estado de alarma decretado polo goberno do Estado, as redes sociais da área de Cultura funcionarán como ferramenta de difusión de contidos de ocio e educativos”.
“Debuxos en galego, concertos, visitas virtuais a museos, bibliotecas virtuais e páxinas educativas, entre outros, serán os contidos que se poderán atopar nas redes sociais de Cultura” afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “queremos axudar ás familias a facer menos complicadas as medidas decretadas polo Estado”.
“Planificarase a difusión para, cada día, rotar os contidos que se publiquen e que toda a poboación atope entretemento mentres dure esta situación”, declarou Maite Ferreiro.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte