O pasado domingo 18/07 comezou a mostra de vellos oficias artesáns nos soportais da Casa do Concello na praza Maior de Lugo.

As mostras terán lugar nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior os domingos 18 de xullo, 1, 8, 22 e 29 de agosto e 5, 11 e 19 de setembro, de 11 a 14 e de 17 a 20:30.

Cada un dos días contarase con dous profesionais de distintas especialidades, entre as que se atopan a madeira, os instrumentos musicais, a cestería ou o metal, entre outras.

O domingo contouse co torneiro Arturo Iglesias, que mostrou as pezas qeu realiza co torno tradicional do Museo Etnográfico de Grandas de Salime, e Xoán Manuel Tubío Fernández «Xaneco», cunha mostra de zanfonas.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, explicou que a área de Cultura planificou esta mostra co obxectivo de “facilitar o coñecemento dos oficios tradicionais a través de experiencias en directo que mostren o bo facer das e dos artesáns”.

“Este proxecto de promoción dos vellos oficios céntrase nos labores tradicionais que manteñen vivos mestres e artesáns, e poderase ver a técnica destas disciplinas que sobreviviron á produción industrial”, explicou o Tenente Alcalde, que engadiu “a actual sensibilización contra o cambio climático facilitou a recuperación destes oficios tradicionais e a incorporación de persoas novas ou que se reciclen doutras profesións a este sector”.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou o domingo a Mostra de Vellos Oficios Artesáns organizada pola área de Cultura.

Programa Mostra de Vellos Oficios Artesáns 2021

18 de xullo, Especialidade Madeira

Instrumentos musicais: Zanfonas e pandeiretas, Xoan Manuel Tubio Fernández “Xaneco”

Torno Tradicional do Museo Etnográfico de Grandas de Salime, Arturo Iglesias

1 de agosto

Cestería, Chus Labrador Sequeiros

Elaboración de cabezudos, Marga Portomeñe

8 de agosto

Cestería, Carmen Fieiras

Canteria, Ramón Villar Gómez

22 de agosto

Cestería, Idioia Cuesta

Corozas de Xunco, Álvaro M. Leiro

29 de agosto

Carpintería tradicional, Ignacio Gómez Abrau

Madeira e fibra: Silleiro Tórdea, José Luís Castro Gómez

5 de setembro

Alfarería: Bautizo de Torno, Antón Román

Alfarería: Obradoiro de barro, Susana González Amado

12 de setembro

Metal e madeira: Navalleiro, Jorge Román Toquero – Hyottoko Artesanía

Metal Latoeiro, Fernando Reboredo

19 de setembro

Madeira: Zoqueira, Elena Ferro

Cerería, Alberto Uría