Fonte: Gab. Com. Campus Terra

Un mural elaborado por Ana Santiso lembra no Campus de Lugo a figura e a obra da pintora e profesora coruñesa Lolita Díaz Baliño, quen, xunto con Carmen Corredoyra, se converteu na primeira muller en ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes.

A imaxe desta muller galega pioneira no eido da cultura súmase á de Rosalía de Castro, obxecto doutro mural elaborado por Concepto Circo ao abeiro dunha iniciativa promovida pola Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo co obxecto de poñer en valor a figura e a obra das protagonistas retratadas.

Lolita Díaz Baliño, pioneira en Galicia no eido da cultura pictórica e tía de Isaac Díaz Pardo, e Rosalía de Castro, precursora e referente da escrita en lingua galega, considerada tamén entre as grandes poetisas da lingua española do século XIX, espallan a súa pegada a través destes murais á comunidade universitaria luguesa.

Eventos en Lugo