O vindeiro martes 2 de maio, mestres e alumna/os da Tradescola ofrecerán distintas actuacións na Praza Maior de Lugo para celebrar os Maios.
As/os nenas/os da Tradescola elaborarán un Maio figurado con fiuncho, fentos, herbas, e frores silvestres
O programa será o seguinte:
Martes 2 de naio
De 17.00 a 17.30 horas: Elaboración de maios figurados.
A partir das 17.30 horas: actuacións arredor do maio a cargo de grupos de baile, canto e pandeireta, percusión e zanfona da Tradescola.
A FESTA DOS MAIOS
A festa dos Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais.
Esta celebración primaveral
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio.
Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), mentres camiñan e bailan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus.
Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás.
As figuras que protagonizaban a festa, os maios, podían ser:
Maios figurados: unha figura en forma de cono -modelo máis tradicional- recuberta de mofo, fiuncho, herbas…
Maios humanos: unha persoa -neno ou adulto- cuberto de pólas, follas, flores etc.
Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fiúncho, fentos, bugal