Foto de Gab.Comunicación Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo

Chegou o día e chegou «a romería» máis multitudinaria que viuse en tempo en Lugo: prácticamente toda a cidade nas rúas para ver “A viaxe dun soño”, o título baixo o que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organizou a cabalgata de Reis deste 2020. 53 artistas e 24 persoas voluntarias participaron nun total de 8 espectáculos que tiveron lugar durante o percorrido, ademáis das cabalgatas das súas maxestades. 

FOTOGRAFÍAS 
AS SEGUINTES SON FOTOGRAFÍAS CEDIDAS POR: GAB. COMUNICACIÓN CULTURA
DISCURSO DOS REIS MAGOS

MELCHOR:

Queridas nenas e nenos:

Estamos moi contentos de chegar hoxe a Lugo e por fin podervos coñecer a todas e todos. Levamos moitos días de viaxe camiñando sobre o lombo do
mundo. As nosas barbas e os nosos camelos pisaron terras de todos os tamaños e cores ata chegar onda vós. Traemos os sacos cargados con
toneladas de bolboretas, vagalumes e fogos de artificio, porque queremos pintar esta noite de luz. Tanta luz como a que producen os vosos sorrisos e a
vosa ilusión.

Ola nenas e nenos! Estades aí? Ola! Nunha noite fría como a de hoxe, a vosa presenza e a vosa voz danos a calor que precisamos. Grazas por recibirnos con tanto cariño. Non esperabamos outra cousa porque sabemos que as nenas e nenos de Lugo, sempre reciben ben a todo o mundo, veñan de onde veñan, e que sempre están dispostos a aprender da xente que ven de lonxe, a facer novos amigos e amigas e a pasalo ben xuntos, cunha palabra amable e cun sorriso.

As nenas e nenos sodes o máis valioso do mundo, a vosa forza e ilusión fan que o planeta siga xirando, porque sodes especiais. Existen cousas que tan só os máis cativos podedes comprender. Vós coñecedes os segredos mellor gardados durante milenios. Sabedes que a lúa é a boca do ceo, e que cando mingua pendurada alá no máis alto, é para vestir o universo de sorrisos.

Sabedes tamén que as estrelas son as luces da noite e visten a escuridade de festa; que os tellados son os tobogáns das gotas de chuvia, e que os contos
que vos len antes de ir durmir son reais no País dos Soños. No mundo que nos rodea, queridos nenos e nenas, nada é o que parece. As vosas miradas son as únicas capaces de traspasar a aparencia das cousas.

Nos somos os Reis Magos si, pero a verdadeira maxia deste mundo sodes vos, o voso amor, a vosa alegría, a vosa ilusión. Por iso, os Reis Magos de Oriente desexamos que non deixedes xamais de soñar. Porque grazas á vosa felicidade a terra continúa xirando.

Pasade a mellor das noites, desfrutade e axudade as vosas familias para que esta sexa unha noite especial, que aqueles que son máis maiores, aínda que
sexa por un día, volvan a sentirse como as nenas e nenos que algún día foron, que compartan con vos a felicidade e a ilusión. Nós estamos encantados de
poder recibirvos aquí dentro dun anaco, para que falemos e nos contedes todo o que nos queirades contar, porque estamos aquí por vos e para vos!
Grazas a todas e todos por recibirnos e…

Que todos os fogares se enchan coa vosa luz!