Xuño 2018 O outro dia leíamos na web oficial da nosa fotógrafa colaboradora Llum A. González -fb- a seguinte frase: «Estarei onde os ollos me leven mentras os pes me sigan» …fermoso xeito de explicar esa curiosidade que lle caracteriza, ese estar no mundo mirando e non a cegas, e sobre todo compartindo o que ve dunha forma tan persoal que as súas fotos teñen un selo inconfundible: o seu, o de Llum Photography
Desta volta achegouse ao Lume Novo Asociativo e Reivindicativo que tivo lugar na zona de Fontiñas – Rda. das Mercedes (na praza de arriba ao conservatorio e a escola de idiomas) nun ambiente festivo e familiar moita xente de distintas asociacións (e de fora delas) xuntouse para celebrar o solsticio de verán con foliada, xogos para as crianzas, comida (as colas non era kilométricas …pero casi), queimada e conxuro incluído contra a “Ordenanza Mordaza”. Velaiqui as fotos:
Toda a info sobre as accións contra a Ordenanza Mordaza na seguinte conta do facebook: Lugo sen mordazas (Máis de trinta asociacións culturais, colectivos sociais, organizacións sen ánimo de lucro, políticas e sindicais do municipio de Lugo; creada co obxectivo de esixir ao Concello a retirada do proxecto da ordenanza cívica que recorta as liberdades.)
Toda a info sobre a fotógrafa Llum A. Gonazález e ver máis fotografías (concertos, maternidade, bodas, moda …): na súa web oficial