Inicio Reportajes Fotografías: XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade
Decembro 2019 O XIX aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio de Humanidade celebrouse con diversas actividades: unha mesa redonda que levou por título “Implicación das institucións na consecución do recoñecemento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade”, con Branca Rodríguez Pazos e Cándido López Castiñeira; unha conferencia de Adolfo de Abel Vilela “O dilema histórico da importancia da Muralla como monumento”, a expo de Luz Darriba “Amurallando os soños II Cumulum 2000-2019”, sobre a acción realizada pola artista no ano 2000 xunto cos concertos da Banda Filharmónica Infantil e “Que o Camiño nos leve a atoparnos” de Solo Voces foron a forma de rendirlle homenaxe á muralla e a todos e todas as lucenses que fixeron posible tal fito histórico.
Actividades promovidas por: área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte